Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Compostela
  • Xeral

Os centros de atención á discapacidade levan tres anos sen convenio colectivo

CCOO denuncia que o Convenio Colectivo de Centros e Servizos de Atención a Persoas con Discapacidade leva tres anos sen avances.
ccoo-protestas-centros-discapacidade-slide-12-marzo-2024_r

Bisbarra, 12 de marzo do 2024 – O sindicato Comisións Obreiras convoca hoxe concentracións para denunciar que o Convenio Colectivo de Centros e Servizos de Atención a Persoas con Discapacidade leva tres anos sen avances.

Este convenio para centros de atención á discapacidade sería o número dezaseis pero CCOO denuncia que as organizacións patronais presentes na Mesa Negociadora están bloqueando a negociación, en especial desde que hai un ano a Audiencia Nacional recoñeceu aos traballadores o dereito á revisión salarial acordada para o 2022 e tivo que aplicarse.

Despois de máis dun ano de negociacións desde a sentenza, segundo o sindicato “a patronal volve bloquear a negociación do resto de condicións laborais coa mesma actitude e intransixencia de entón”. Lembran que se trata dun sector de marcado carácter social, no que as persoas traballadoras, formadas e cualificadas, representan o maior valor que teñen as entidades, as que permiten visibilizar o sector da discapacidade na sociedade e sobre as que pivota o principal apoio con que contan as persoas usuarias.

Comisión Obreiras denuncia que as condicións laborais actuais “non se axustan nin ao compromiso, nin á calidade, nin ao recoñecemento do esforzo que realizan as persoas traballadoras nos seus centros”.

Poñen como exemplos a elevada rotación de persoal nas empresas e entidades do sector, xunto coa falta de profesionais en determinados postos de traballo, por mor dos baixos salarios e a precariedade do resto de condicións.

Post navigation

Previous: A autovía da estrada avanza despois de 16 anos de parón
Next: Homenaxe a Ramón Casasnovas na Pascua de Padrón

Máis novas

Alex-Doval-alcalde-Oroso-slide-17-xullo-2023_6764_r
3 minutes read
  • Xeral

Municipais 2027: Alex Doval, alcalde de Oroso

ames reconhecemento extraxudicial 14 setembro 2026
6 minutes read
  • Xeral

Novo recoñecemento extraxudicial do concello de Ames

Rois: O Pleno aproba volver licitar o Servizo de Axuda no Fogar
4 minutes read
  • Xeral

Rois licita de novo o Servizo de Axuda no Fogar

Compostela acolle do 16 ao 19 de setembro o Hola Nola Lab Fest traendo a Santiago unha parte de Nova Orleans.
4 minutes read
  • Axenda

Hola Nola Lab Fest

Using the appearance options below will override the global Appearance settings.
3 minutes read
  • Xeral

Artesanamente, Compostela é artesanía

As obras de Brión corresponden ao POS + Adicional 2/2026 e mellorará os accesos a trece aldeas
3 minutes read
  • Xeral

Máis de medio millón de euros para 13 aldeas de Brión

“Debaixo do lavadoiro había un anillo d´ouro”, fotografía contemporánea en Compostela
3 minutes read
  • Xeral

“Debaixo do lavadoiro había un anillo d´ouro”, fotografía contemporánea en Compostela

A Concellería de Acción Social, Cultura e Servizos á Cidadanía do Concello da Baña pon en marcha un novo ciclo de monólogos
2 minutes read
  • Xeral

Ciclo de monólogos na Baña

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (664) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2797) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (773) eleccions (45) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (837) Galego (145) Institucións (1433) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1619) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (818) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (733) Politica (945) saúde (531) Servizos (2690) sindicatos (109) Social (563) sucesos (131) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (696) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.