Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Compostela
  • Xeral

Novo accidente laboral e máis avarías no departamento de radioloxía do clínico

Comisións Obreiras denuncia que o mal estado dos equipos de radioloxía do Hospital Clínico de Santiago provocou un novo accidente laboral.
clinico larga

clinico larga

Compostela, 24 de xaneiro do 2024 – Comisións Obreiras denuncia que o mal estado dos equipos de radioloxía do Hospital Clínico de Santiago (CHUS) provocou un novo accidente laboral.

Trátase dunha lesión muscular derivada do manexo de equipos obsoletos. Ao mesmo tempo o sindicato engade que durante “toda a semana pasada estivo pechada a sala de filtro de urxencias” por unha avaría técnica.

O peche obrigou a suspender as citas programadas para poder atender as urxencias e o traslado de doentes a salas de radioloxía doutras plantas. A sala xa está operativa, se ben hai outra “que moito tememos que non tarde en estar fóra de servizo” segundo lamenta CCOO.

Renovación que non chega

Desde a sección sindical de CCOO sinalan que hai case un ano, en marzo do 2023, os responsables da Xerencia da Área Sanitaria comprometéronse a renovar as máquinas, pero a día de hoxe “nada se sabe ao respecto”.

O sindicato insta a acometer canto antes esa renovación, xa que esta situación ten repercusións tanto na saúde laboral do persoal sanitario, con constantes lesións musculares polo mal estado dos aparellos, como no desbordamento das Urxencias e os tempos de espera que deben padecer os doentes.

Post navigation

Previous: Os María Casares rexistran a maior participación da súa historia
Next: A Xunta retira o apoio ao “Proxecto Ríos” que ADEGA desenvolve desde hai 20 anos

Máis novas

U dos novos autobuses do transporte urbvano de Santiago coa nova imaxe que terán
1 minute read
  • Xeral

Desbloqueado o novo transporte urbano de Compostela

NOGA, colectivo de narración oral galega, traballa baixo o lema “Somos o que contamos”
3 minutes read
  • Xeral

Xornadas sobre narración galega en Padrón

Compostela-semana-patrimonio-invisible_131352-slide_r
7 minutes read
  • Axenda

Descubrindo o patrimonio de Compostela

Casa Consistrorial de brion
3 minutes read
  • Brión

Denuncian os prexuízos dos cambios no Bono Concilia

estrada Santiago a Portodemouros
2 minutes read
  • Xeral

A Deputación licita a mellora da estrada de Santiago a Portomouro

Melide asina convenio coa asociacion Melisa
4 minutes read
  • Xeral

Melide e a asociación MeLiSA facilitan o acceso á tecnoloxía

Actos vandálicos na Casa da Mina de Santa Comba
3 minutes read
  • Santa Comba

Actos vandálicos na Casa da Mina de Santa Comba

O concello organiza un curso para incorporarse á cociña colaborativa do coworking
2 minutes read
  • Axenda

“Transformando en Brión” convoca un curso de formación

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (663) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2792) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (772) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (836) Galego (145) Institucións (1432) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (817) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2685) sindicatos (109) Social (563) sucesos (131) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (696) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.