Padrón, 31 de Nadal do 2017 – A tempada 2018 empézase a perfilar coas primeiras renovacións do equipo O Club Ciclista Padronés que despide o 2017 con brillantes resultados en todas as súas categorías.
O CC Padronés, que conta con medio centenar corredores con representación en todas as idades, sumou un ano no que se confirma a progresión dos seus ciclistas. E é que o Cortizo- Anova volveu a apostar polo seu traballo e esforzo coa base como alicerce fundamental do seu éxito. O equipo padronés percorreu máis de 50 carreiras, desde promesas ata elite e sub23, cada fin de semana nas principais probas do calendario autonómico e estatal así como o país veciño, Portugal.
Resultados
En total, o equipo cultivou máis de 20 vitorias, ao redor de 45 podios así como premios secundarios. Tamén suman 4 vitorias autonómicas (Aser Estévez, Campión Galego en Contrarreloxo e en Liña elite; Marc Sánchez, Campión en Liña Valenciano Sub-23; e Miguel Mera, Campión en Liña Cadete).
A base
O apoio da entidade ás categorías inferiores viuse premiado así mesmo coa selección de varios dos seus corredores para participar nos campionatos de España (Raúl García de Mateos en elite, Miguel Mera en cadetes e Laura Tenente en infantís). Ademais, estes dous últimos foron elixidos pola Selección de Galicia nas súas respectivas categorías xunto con dous xuvenís: Uxío San Martín e Guillermo Porto convocados para a Copa España Júnior.
Organizador
Doutra banda, o Club Ciclista Padronés foi promotor de diferentes probas ao longo do ano. Destaca a histórica Clásica de Pascua, para elite e sub23, pero tamén organizaron unha proba para escolas, outra para cadetes, 3 para júnior e 3 para categoría Master. Equipo elite e sub23
2018
Empézase a perfilar a escuadra padronesa para a tempada 2018, que seguirá un ano máis ás ordes de Suso Branco Villar, fixando as primeiras renovacións dos seus ciclistas. Para o novo curso, a falta de comunicar as novas incorporacións, o Cortizo- Anova seguirá contando entre as súas filas con Jorge Martín Montenegro, Pedro Gregori, Aser Estévez, Raúl García de Mateos, Marc Sánchez, Gonzalo Cubino, Angel Fraga e Carlos Cajaraville. Tamén se incorporan os canteiráns xuvenís do equipo Yeray Lorenzo e Isaac Maceiras.