Compostela, 1 de marzo do 20019 – A Casa das Crechas acolle hoxe o novo proxecto de Sérgio Tanus, Mauricio Caruso e Lar Legido, que leva por nome Cayuco.
Cayuco é o nome dunha embarcación dun só tronco usada polos africanos para cruzar as fronteiras, pero tamén é o nome do novo grupo formado Como o propio nome din, a proposta musical é xustamente viaxar, romper os límites da musicalidade. Deixarse levar e navegar por tódolos continentes e estilos musicais. Dende África á Europa, Brasil a Galiza…sen fronteiras.
Sérgio Tannus encárgase da guitarra eléctrica, viola caipira, mandolina, baixo e voz, Maurício Caruso da guitarra eléctrica e baixo e LAR Legido, coma non, da batería.
