Compostela, 3 de novembro do 2018 – A iniciativa La Cámara del Arte ven impulsando unha competición na procura da mellor Catedral de España que chega a final coas de Santiago e Sevilla loitando polo título.
La Cámara del Arte é un proxecto posto en marcha por 7 graduados en Historia da arte da Universidade de Sevilla, cun obxectivo moi claro: axudar a alumnos e curiosos a atopar comentarios e información de calidade, así como fomentar o coñecemento do patrimonio. A iniciativa pasou de ser un proxecto local a unha redacción na que traballan na actualidade 17 redactores.
A competición por ser a mellor Catedral de España tivo unha serie de fases previas nas que a de Santiago tivo que vencer aos templos de Jaca, Bilbao, Segovia (Ávila en Instagram) e Toledo. Pola súa banda a de Sevilla deixou atrás ás de Alcalá de Henares, Burgos, Córdoba e León. O vindeiro luns lánzase a enquisa que decidirá a gañadora e que se poderá seguir co hashtag #lacatedraldeespaña.
Formato da final
Para esta última rolda a enquisa durará 24 horas nos perfís de Twitter e Instagram de La Catedral del Arte. Durante todo o camiño as competicións de ambas as plataformas xestionáronse de forma independente, producíndose mesmo diferentes resultados nalgunhas eliminatorias que propiciaron cadros distintos. Con todo, os internautas cos seus votos decidiron que tanto nunha rede social como noutra as finalistas fosen as mesmas, polo que para esta rolda final uniranse os votos recibidos tanto en Twitter como en Instagram. Unha vez finalizadas as enquisas, realizarase o pertinente reconto de votos para coroar á catedral que segundo os usuarios mereza o título honorífico de ser a mellor de España.