Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

PUBLI bng 25 XULLO
Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Xeral
  • Axenda
  • Compostela

“Castelao Insólito”, celebrando o centenario de “Cousas”

O concello de Santiago presenta un percorrido guiado con catro sesións

Cartel da programación de Castelao Insólito

Compostela, 20/06/2026 – Dúas datas importantes conmemoras a Castelao en Compostela, o 140 aniversario do seu nacemento (1886-1950) e centenario da primeira publicación do seu libro ‘Cousas’ (1926).

Dúas boas razóns para amosar unha parte distinta de Castela co paseo guiado “Castelao Insólito”. Un percorrido con catro sesións que terán lugar os días 25, 26 e 27 de xuño e un itinerario autoguiado en galego e inglés. A participación é gratuíta e require inscrición.

A concelleira de Capital Cultural e Memoria Histórica, Míriam Louzao, presentou a iniciativa “Castelao Insólito”, desenvolvido por Maos Innovación Social, acompañada por Nee Barros, integrante da cooperativa.

O proxecto

Míriam Louzao explicou que, con este motivo, deseñouse un paseo pola cidade do que se farán catro sesións presenciais a próxima semana, que se complementarán cun percorrido autoguiado a través das narracións, dispoñibles tanto en audio como en texto, e tanto en galego como en inglés, recollidas na web castelaoecompostela.gal, na que tamén se pode ver unha selección de fotografías e obras de Castelao.

De practicante no hospital a asiduo da peña do Colón. Castelao viviu en Santiago de Compostela nove anos, mais a súa primeira visita foi sendo un raquítico bebé, cando a nai o levou a Belvís para pedir por el, non fose ter mal de ollo ou estar endemoñado. Cando estudaba Medicina, debuxaba nas mesas dos bares e pedía que borrasen o resultado. Do mesmo xeito que esa arte, o Castelao humano ficou esborranchado polo mito. A iniciativa “Castelao Insólito” busca redescubrilo nas rúas da cidade.

Catro sesións

A versión guiada contará con catro sesións en galego pola cidade. Cada unha fará nove paraxes, tantas como anos viviu Castelao en Compostela. Tres delas explorarán eses anos composteláns, dúas serán para achegar a súa faceta artística, unha para a literaria, outras dúas para a política e unha final para coñecer como os seus restos volveron á cidade.

Nee Barros explicou que a primeira sesión terá lugar o xoves 25 de xuño ás 20.00h. As seguintes sesión faranse o venres 26, ás 17.00h e tamén ás 20.00; e o sábado 27 ás 12.00h. As prazas son limitadas ata un máximo de 30 persoas por percorrido e para asistir é preciso inscribirse a través dun formulario en liña no portal castelaoecompostela.gal. A duración estimada é de dúas horas.

Con este proxecto, o Concello continúa coa aposta polos paseos guiados que amosan a historia da cidade, como Ruth e o Leviatán con motivo do centenario da primeira visita de Ruth Matilda Anderson a Compostela ou Venceremo Nós, sobre as mobilizacións de marzo do 68 en Compostela.

Percorrido autoguiado

“Queremos que estes paseos non sexan efémeros, senón que queden para que calquera persoa poida facelo no momento que queira e por iso están dixitalizados e nunha páxina web e tamén en dous idiomas, galego e inglés, para que tamén poidan gozalos as persoas que nos visitan dentro do noso obxectivo de amosar moito máis de Compostela aos turistas”, indicou a concelleira de Capital Cultural.

Para facer o paseo ‘Castelao Insólito’ de xeito autoguiado é preciso ter un dispositivo móbil e auriculares. A tradución a inglés é de Raquel Senra, de Árbore Azul, e os audios foron gravados por A Casa do Rock. Míriam Louzao destacou o carácter colectivo deste proxecto no que participan varias entidades de Compostela que “constrúen ese tecido cultural forte e vivo do que tan orgullosas nos sentimos”, afirmou.

Post navigation

Previous: Suspendido o traballador do concello de Padrón condeado por acoso sexual
Next: 8º edición do Ateneo Barroco

Máis novas

imaxe do proxecto da mina de Touro
4 minutes read
  • Xeral

Alertan no Parlamento dos perigos da reapertura da mina de Touro

compostela programación apostolo 15 xullo 2026
12 minutes read
  • Axenda

Que e quen no Apóstolo 2026

Casa Consistrorial de brion
2 minutes read
  • Xeral

A Festa dos maiores de Brión abre un novo debate

Sindo Guinarte e Marta Aball, concelleiros socialistas que piden a modificación da ordenanza de convivencia
2 minutes read
  • Xeral

Piden a actualización da ordenanza de convivencia de Santiago

Cartel do festival emerxente de Ames
5 minutes read
  • Ames

Ames prepara xa o Festival Emerxente

Monmento en que asinan o acordo s deputada de Cultura da Deputación da Coruña, Natividade González; a deputada de Cultura da Deputación de Lugo, Iria Castro; e a presidenta do Consello da Cultura Galega, Dolores Vilavedra.
3 minutes read
  • Compostela

Escola, cultura e territorio

Un momento da subida ao monte en procesión na romaría do Santiaguiño
3 minutes read
  • Xeral

Festas do Santiaguiño en Padrón

Cartel do evento Sabor a novo que se celebrará o Pazo de San Lourenzo
5 minutes read
  • Axenda

Sabor a novo no Pazo de San Lourenzo

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2082) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2770) Curtocircuito (40) Deportes (748) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (612) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1429) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1617) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (811) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (727) Politica (942) saúde (527) Servizos (2670) sindicatos (109) Social (550) sucesos (128) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (690) Turismo (222) Universidade (579) urbanismo (260) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.