Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

PUBLI bng 25 XULLO
Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Xeral
  • Padrón

Continua a polémica polo caso de acoso sexual no concelllo de Padrón

O BNG pide o despido do acosador e a concelleira Beatriz Rei acaba sendo expulsada do pleno

Imaxe pleno Padrón ano 2022

Imaxe de arquivo dun pleno en Padrón no ano 2022

Padrón, 28/06/2026 – Pese a sentenza que condea a un traballador do cocello de Padrón por acoso sexual, a polémica segue e o BNG local segue pedindo desculpas do alcalde e o despedimento do acosador.   

O último pleno rematou a quedan de preguntas coa expulsión da concelleira nacionalista Beatriz Rei expulsada da sesión. O BNG acusa ó alcalde de “autoritarismo e censura” e manifestou a súa total indignación ante estes feitos.

Era a quenda de preguntas e Beatriz Rei relatou os feitos acontecidos desde o inicio; o alcalde Anxo Arca lembroulle que tiña que facer unha pregunta e Rei contestoulle que tiña dez minutos para facer unha exposición previa dos feitos.

Despois de preguntar do porque non era despedido o acosador o alcalde trasladou as explicacións á secretaria. O cruce de declaracións continuo ata que finalmente o alcalde, Anxo Rei, chamoulle a atención tres veces á concelleira para terminar expulsandoa. A continuación tedes o vídeo do sucedido.     

A formación nacionalista cualifica os feitos de “atentado contra os dereitos democráticos” e un intento desesperado de silenciar a oposición nun tema de extrema gravidade institucional. Desde o BNG denúnciase que o tempo de intervención é unha simple escusa para aplicar unha “mordaza política”.

O grupo lembra que a gravidade do asunto —un caso de acoso sexual prolongado no tempo dentro do propio Concello— xustificaba sobradamente a contextualización da pregunta. Así mesmo, acusan o rexedor de empregar o regulamento de forma partidista e arbitraria, xa que a escusa utilizada non aparece en ningún apartado do Regulamento Orgánico Municipal polo que se rexe o Pleno.

Para o BNG “esta expulsión antidemocrática non é máis ca unha medida desesperada do alcalde para tratar de silenciar a quen revela o seu comportamento real: o de non poñerse do lado da vítima, feito aínda máis grave se cabe por tratarse dunha traballadora do propio concello. A actuación de Anxo Arca foi neglixente en todo este proceso e continúa a selo a día de hoxe”. 

Desde o BNG téñeno claro “as mulleres de Padrón non precisamos alcaldes con poses feministas e posados en fotos de cara á galería, senón políticas reais que nos protexan de verdade cando se dan  situacións de acoso. Non queremos alcaldes que se poñan de perfil e moito menos de lado do agresor”.

Post navigation

Previous: XV Millarock en Ames
Next: A Deputación destina 1 millón de euros a mellorar a estrada Santiago Val do Dubra

Máis novas

Imaxe aérea de Bertamiráns, imaxe de Google Maps
2 minutes read
  • Ames

Alertan da inseguridade en Bertamiráns, Ames

O desenvolvemento de novos fármacos é un proceso longo e complexo. A galega Celtarys, radicada en Compostela, ven de presentar unha tecnoloxía que reduciría o tempo necesario, substituíndo sustancias radioactivas por solucións máis accesibles, sustentables e utilizables en calquera laboratorio.
4 minutes read
  • Xeral

A galega Celtarys desenvolve unha nova tecnoloxía para a validación de fármacos sen radiación

Cartel do festival Lanzadeira 2026
4 minutes read
  • Axenda

Maneiro artista invitado este sábado no Festival Lanzadeira

Un dos traballos de mellora realizados en pistas de Frades
2 minutes read
  • Frades

Frades acomete un intenso programa de bacheo nas distintas parroquias

Imaxe do pleno de Ames sobre o mercado de abastos
4 minutes read
  • Xeral

O mercado de abastos de Ames dependerá dunha subvención de 2 millóns de euros

Lugar de Agromaior no concello de Teo
2 minutes read
  • Xeral

Teo licita o acondicionamento do viario municipal en Agromaior

Cartel da andaina por parellas de Rois
3 minutes read
  • Axenda

A XVIII Andaina por Parellas de Rois aprázase a setembro

imaxe do proxecto da mina de Touro
4 minutes read
  • Xeral

Alertan no Parlamento dos perigos da reapertura da mina de Touro

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2082) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2771) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (612) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1429) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1617) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (811) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (728) Politica (942) saúde (528) Servizos (2672) sindicatos (109) Social (551) sucesos (129) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (692) Turismo (222) Universidade (580) urbanismo (260) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.