Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Oroso
  • Xeral

Case un millón de euros para o paseo do Carboeiro en Oroso

A Xunta de Galicia licita as obras de acondicionamento na contorna do Camiño Inglés en Oroso

Camiño INgles ao seu paso por Oroso

Oroso, 22/06/2026 – A Xunta licita por 927.105,86 euros as obras para o acondicionamento da contorna do Camiño Inglés no Paseo do Carboeiro, no Concello de Oroso.

A Xunta achegará o 80% do orzamento do custo das actuacións e o Concello de Oroso asumirá o 20% restante. A parte autonómica di vídese entre a Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, que financiará o 40% da execución destas obras, e a Axencia de Turismo de Galicia aportará outro 40% do custe.

A Plataforma de Contratos Públicos de Galicia recolle esta licitación ao abeiro do Plan Hurbe, establecendo un prazo de presentación de ofertas que rematará o 8 de xullo.

O obxectivo é mellorar esta zona de paso do Camiño Inglés, en Sigüeiro, Oroso. Acometerase a mellora do firme dos sendeiros, arranxaranse as pistas deportivas ou o parque infantil e renovaranse a iluminación e o mobiliario urbano, entre outras accións.

Trátase de acadar unha mellora paisaxística e da seguridade viaria, tanto para os peregrinos como para os veciños da zona, facendo así esta contorna un lugar máis accesible, seguro e amable para camiñar, practicar deporte, descansar ou compartir tempo de lecer en familia ou entre amigos.

o departamento que dirixe María M. Allegue  segue impulsando este tipo de obras a través do Plan Hurbe, cooperando cos concellos para mellorar as contornas urbanas ou equipamentos públicos. Este programa busca conservar o patrimonio, embelecer os pobos e lograr lugares máis atractivos para vivir, traballar ou emprender.

A través de intervencións como estas de Oroso, a Xunta contribúen ademais a reforzar a competitividade económica, dando pulo ao turismo, ao comercio ou á hostalaría, e atraen e consolidan poboación.

Post navigation

Previous: 126.000 persoas pasaron polo Son do Camiño
Next: Festas sen pirotecnia en Padrón

Máis novas

diego luis diaz alcalde val do dubra primer plano 5 outubro 2026
3 minutes read
  • Xeral

Municipais 2027: Diego Luís Díaz, alcalde de Val do Dubra

a banha nova umeracion 5 outubro 2026
3 minutes read
  • A Baña

A Baña prepara a nova numeración municipal en 11 parroquias

santa comba mellora de viarios 5 outubro 2026 (1)
2 minutes read
  • Xeral

Santa Comba licita a mellora de viarios

museo do pobo programacion slide otubro (3)
6 minutes read
  • Xeral

Outubro no Museo do Pobo Galego

ateneo avaro ortiz 5 outubro 2026
2 minutes read
  • Xeral

Álvaro García Ortiz da unha conferencia no Ateneo

deputacion-variante-cacheiras-slide-18-outubro-2018_r
2 minutes read
  • Xeral

Problemas nas obras da variante de Cacheiras

compostela-transporte-urbano-slide-30-agosto-2022_r
2 minutes read
  • Xeral

O concello de Teo esixe manter a liña 12 do urbano de Santiago

usc territorios que lideran 2 outubro 2026
4 minutes read
  • Xeral

A USC impulsa o Foro “Territorios que lideran”

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (665) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2814) Curtocircuito (40) Deportes (750) Economía (449) Educación (776) eleccions (48) Emprego (244) Entroido (42) Festas e Feiras (622) Festivais (837) Galego (146) Institucións (1439) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1622) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (823) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (735) Politica (949) saúde (533) Servizos (2698) sindicatos (109) Social (563) sucesos (133) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (702) Turismo (223) Universidade (585) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.