Teo, 12 de maio do 2022 – A inscrición rexistral da pista que rodea a canteira da Casalonga,, pola empresa propietaria da explotación, abriu unha borrasca sobre os actores que buscan recuperar o espazo para os veciños.
Si por unha banda o concello, o equipo de goberno, repite que esta era unha batalla secundaria, que non se da por perdida; pola outra a Plataforma non oculta o seu enfado e a súa decepción.
A oposición critica a inacción pero en este bando tamén as actitudes son dispares. Si o grupo socialista sacou unha nota de prensa moi dura coa actitude do alcalde, sorprende o silencio de BNG e Partido Popular ante unha situación que politicamente é un problema para Son de Teo que ten a responsabilidade de gobernar.

A loita continúa na Casalonga
Ao marxe das interpretacións do sucedido, todos coinciden en que a loita por recuperar a canteira continúa.
Jaime García, presidente da Plataforma Casalonga Limpa de Residuos móstrase preocupado xa que a pista era o único xeito de manter un control sobre as accións que a empresa faga na canteira
García acusa ao concello de oscurantismo e considera que foron tratados como “tontos” por non explicarlles a situación. Espera ademais que o equipo de goberno publique algún comunicado onde explique a situación como fixo con outras novas relacionadas co problema
Con todo asegura que a loita continúa e que a Plataforma ten claro o camiño a seguir
Un tema secundario
O alcalde de Teo, Rafa Sisto, explica que a pista sempre foi un tema secundario e que en calquera caso seguirase a vía civil para recuperar o vial e será axustiza a que decida
Preguntado porque non se respondeu á comunicación do catastro, na que se daba prazo para alegar, é rotundo “non facemos o parvo”
Sisto cre que a loita seguirá bastante tempo e non cre na posibilidade dunha negociación e considera que “a única vía é a resistencia”. O alcalde non está disposto a que a recuperación dos terreos serva para enriquecer á empresa
Un capitulo máis nunha novela na que non se pode apagar o televisor ou pechar o libro porque é real. A loita dos veciños por recuperar un espazo que mudou de canteira en lagoa de xeito natural. Pode ser o peche dunha tempada na que os bos parecen perder, esperemos que no primeiro capitulo da seguinte, xa que este mes foi o día da Guerra das Galaxias, haxa unha nova esperanza.
