Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Compostela

Casa O’Rei, o novo de Ibuprofeno Teatro en Compostela

compostela-ibuprofeno-teatro-casa-o-rei-slide-5-abril-2018_r

Table of Contents

Toggle
  • Compostela, 5 de abril do 2018 – Esta fin de semana Ibuprofeno Teatro presenta en Compostela Casa O’Rei, a nova produción coa que pecha a súa triloxía gastronómica tras O furancho e Raclette.
    • Venda de entradas
    • Casa O’Rei

Compostela, 5 de abril do 2018 – Esta fin de semana Ibuprofeno Teatro presenta en Compostela Casa O’Rei, a nova produción coa que pecha a súa triloxía gastronómica tras O furancho e Raclette.

Casa O’Rei poderase ver en dúas función, venres 6 e sábado 7, ambas ás 20:30 horas, no Teatro Principal. O espectáculo foi presentado polo director-xerente do Auditorio de Galicia, Xaquín López; o autor e director da obra, Santiago Cortegoso; e unha das actrices, Marián Bañobre. O texto de Santiago Cortegoso propón un xogo escénico e dramatúrxico a partir do Rei Lear de W. Shakespeare, ambientado nunha típica casa de comidas galega.

Ao remate da representación do venres 6, teremos a #posfuncion para intercambiar opinión entre público e membros do equipo. Nela, presentada por Camilo Franco, falarase de herdanzas e sucesións con dúas avogadas especialistas no asunto, membros do equipo e, por suposto, o público. Como sempre, convídase aos asistentes a que comenten o espectáculo tanto nesta posfunción como nas redes sociais coas etiquetas #posfuncion e #euvexoteatrogalego.

Venda de entradas

As entradas para o evento poden mercarse no despacho de billetes do Teatro Principal (aberto de 18:00 a 21:00 h de martes a sábado), en entradas.abanca.com ou no 981 910 522. Teñen un prezo de 12 euros, cos descontos habituais do 50% para desempregados, estudantes, maiores de 65 anos, menores de 25 anos, xubilados, familias monoparentais, familias numerosas e perceptores de rendas sociais.

Casa O’Rei

Manolo Rei, vello e enfermo, prepara un cocido e reúne a familia. A comida sempre é unha escusa. Desta vez para repartir a Casa entre as súas tres fillas. Pero o cocido sáelle cargado de traizón e desprezo, intragable polo amargor dun mundo novo, acedo e descoñecido, que trae do estranxeiro unha morte pre-conxelada e adobada con fel. O tempo, o destino e o Burger King son implacables coa sorte dos mortais que non saben seleccionar os ingredientes axeitados para elaborar as receitas da súa vida.

Post navigation

Previous: Curso de automoción para desempregados en Ordes
Next: Túlio Augusto leva Brasil a Casa das Crechas

Máis novas

no adscritas sabugueir labacollla 9 de outubro do 2026
6 minutes read
  • Xeral

Críticas ao PIA de Sabugueira, en Compostela

composyela transitos fest 9 outubro 2026
4 minutes read
  • Xeral

Tránsitos Fest

USC LEGO SERIOUS PLAT 8 DE OUTUBRO DO 2026 (1)
2 minutes read
  • Xeral

Emprender xogando con Lego e a USC

compostela reapertura museo de maxia 18 novembro 2025 (1)
3 minutes read
  • Xeral

O Museo da Maxia de Galicia crea unha Escola de Maxia 

museo do pobo programacion slide otubro (3)
6 minutes read
  • Xeral

Outubro no Museo do Pobo Galego

ateneo avaro ortiz 5 outubro 2026
2 minutes read
  • Xeral

Álvaro García Ortiz da unha conferencia no Ateneo

usc territorios que lideran 2 outubro 2026
4 minutes read
  • Xeral

A USC impulsa o Foro “Territorios que lideran”

silleda-subrogacion-saf-slide-24-xaneiro-2022_r
2 minutes read
  • Compostela

Siad 24 sen argumentos para non pagar as nóminas do SAF

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (665) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2818) Curtocircuito (40) Deportes (750) Economía (450) Educación (777) eleccions (48) Emprego (244) Entroido (42) Festas e Feiras (622) Festivais (837) Galego (146) Institucións (1439) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1622) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (824) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (736) Politica (949) saúde (533) Servizos (2699) sindicatos (109) Social (563) sucesos (133) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (702) Turismo (223) Universidade (586) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.