Mesía, 6 de maio do 2017 – A granxa ecolóxica Casa Grande de Xanceda abre unha petición en change.org para que o burro teña un emoticono en whatsapp.
[columns]
[column size=”2/3″]Esta granxa familiar situada na localidade coruñesa de Mesía elabora produtos ecolóxicos a partir do leite fresco de 380 vacas, por mor dun ataque de lobos Casa Grande de Xanceda decidiu aumentar a súa familia coa adopción de seis mastíns e dous burros, Junior e Valentina, que se converteron nos gardiáns perfectos. Son estes dous burros os que inspiraron a campaña que a granxa pon en marcha.
A través da plataforma de recollida de firmas Change.org preténdese conseguir que Unicode, o consorcio internacional que xestiona os emoticonos, incorpore o emoji do burro na aplicación de mensaxería WhatsApp.
Ademais, Casa Grande de Xanceda colaborará activamente con asociacións protectoras do Burro. Entre elas a asociación Andrea de Allariz, á que se destinarán tantas cenorias como firmas consigan durante dous meses, e que traballa para a protección deste entrañable animal que prestou ao home os seus servizos en todo canto necesitou.
A campaña, bautizada como ¡Vaya Burrada!, pretende ser o primeiro cambio para un tempo novo para o burro. Con este fin percorreranse todos os recunchos de España pregoando a inxustiza de que o burro non estea presente en WhatsApp.
A granxa ecolóxica quere lograr tamén que, polo menos, cinco concellos de España inauguren a Rúa do Burro, da mesma maneira que existe infinidade de rúas en honra a outros animais, como a Rúa do Can en Bilbao ou a Rúa do Galo en Madrid.
Junior e Valentina son a representación dunha especie considerada xa en vías de extinción, da que os expertos estiman que só subsisten ao redor de 50.000 exemplares fronte ao 1.200.000 que había en España ao finalizar a Guerra Civil.[/column]
[column size=”1/3″]
[/column]
[/columns]