Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

PUBLI bng 25 XULLO
Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Xeral
  • Compostela

Das galerías do Berberecho a Museo de Arte Urbano

Compostela revive as galerías da Rúa Nova de Abaixo con murais

O concello de Santiago revive as galerías do Berberecho

Compostela, 06/07/2026 – Os Siniestro Total cantaban, aínda que ninguén o lembre, “vamos al Kwai y al Berberecho” e a frase quedou como un reflexo da movida Viguesa que sempre tivo parte do seu epicentro en Santiago.

Agora o concello de Santiago revive esas míticas galerías para reconvertelas nun “Museo de Arte Urbano”. O que eran pintadas agora serán murais con bastante máis estilo e calidade, moitos dos que viviron alí aqueles anos terán unha boa escusa para volver ao lugar do crime.  

A intervención está impulsada desde a Concellaría de Xuventude, que dirixe María Roza, e participarán os artistas Møu, Xoana Almar, Miguel Peralta, Sekone, Sokram, Lidia Cao, Yoseba Muruzábal e Nove Noel.

Rozas visitou o espazo e reivindicou “a capacidade transformadora do muralismo para poñer en valor espazos deteriorados ou pouco atractivos, pero tamén o seu poder emocional e identitario”.

A tenenta de alcaldesa visitou as galerías, onde xa comezaron os traballos, acompañada polos artistas Møu, Xoana Almar e Nove Noel; e polo presidente da comunidade de propietarios do edificio, Gustavo Roel.

María Rozas lembrou que a Concellaría de Mocidade vén facendo unha importante aposta polo muralismo “porque estamos convencidas de que a arte urbana é unha valiosa ferramenta para poñer en valor espazos deteriorados ou pouco atractivos, pero tamén porque recoñecemos poder emocional e identitario destas obras”.

Ademais, explicou, “o muralismo é un instrumento máis para que os mozos e mozas sintan o espazo público como seu, porque esta é unha linguaxe coa que se identifican”.

Intervención pioneira

María Rozas salientou que a intervención presentada “é pioneira, porque non actuamos nunha fachada ou nunha medianeira como é habitual, senón nun espazo interior que queremos que deixe de ser un lugar evitado pola veciñanza para ser un lugar visitado”. A actuación tamén será novidosa “pola participación conxunta de diferentes artistas, que terán espazos individuais para as súas respectivas obras, pero que tamén traballarán conxuntamente no espazo máis visible da galería, que dá á Rúa Nova de Abaixo”. A concelleira agradeceu a implicación de “artistas de altísimo nivel, que como administración temos a obriga de recoñecer e poñer en valor”.

Os artistas participantes tamén agradeceron a oportunidade de participar nun proxecto “que nos axuda a compartir experiencias entre muralistas”.  Møu, Xoana Almar e Nove Noel invitaron á veciñanza á achegarse ás galerías durante o proceso de creación, que prevén concluir ao redor do próximo día 20 de xullo.

Máis de 200 metros cadrados de murais

Os e as artistas participantes nesta iniciativa actuarán sobre unha superficie de 220 metros cadrados, distribuidos en diferentes espazos ao longo das galerías. Cada unha delas fará unha obra independente, con liberdade creativa e respectando os seus estilos propios. Na entrada das galerías desde a Rúa Nova de Abaixo todos os artistas colaborarán nunha obra común.

Post navigation

Previous: A Deputación entrega os XVII Premios Rosalía de Castro de Lingua
Next: Camino Noia. Cornamusa de Honra do Festival Atlántica

Máis novas

Imaxe aérea de Bertamiráns, imaxe de Google Maps
2 minutes read
  • Ames

Alertan da inseguridade en Bertamiráns, Ames

O desenvolvemento de novos fármacos é un proceso longo e complexo. A galega Celtarys, radicada en Compostela, ven de presentar unha tecnoloxía que reduciría o tempo necesario, substituíndo sustancias radioactivas por solucións máis accesibles, sustentables e utilizables en calquera laboratorio.
4 minutes read
  • Xeral

A galega Celtarys desenvolve unha nova tecnoloxía para a validación de fármacos sen radiación

Cartel do festival Lanzadeira 2026
4 minutes read
  • Axenda

Maneiro artista invitado este sábado no Festival Lanzadeira

Un dos traballos de mellora realizados en pistas de Frades
2 minutes read
  • Frades

Frades acomete un intenso programa de bacheo nas distintas parroquias

Imaxe do pleno de Ames sobre o mercado de abastos
4 minutes read
  • Xeral

O mercado de abastos de Ames dependerá dunha subvención de 2 millóns de euros

Lugar de Agromaior no concello de Teo
2 minutes read
  • Xeral

Teo licita o acondicionamento do viario municipal en Agromaior

Cartel da andaina por parellas de Rois
3 minutes read
  • Axenda

A XVIII Andaina por Parellas de Rois aprázase a setembro

imaxe do proxecto da mina de Touro
4 minutes read
  • Xeral

Alertan no Parlamento dos perigos da reapertura da mina de Touro

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2082) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2771) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (612) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1429) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1617) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (811) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (728) Politica (942) saúde (528) Servizos (2672) sindicatos (109) Social (551) sucesos (129) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (692) Turismo (222) Universidade (580) urbanismo (260) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.