Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Xeral
  • Axenda
  • Rois

María Dolores Busto Beade asina o cartel das Festas de Santo Isidro Labrador 2026 en Rois

A autora, veciña do municipio, recibirá un premio de 200 euros e a súa creación será a imaxe oficial das festas do Santo Isidro.

Presentación do cartel das Festas de Santo Isidro en Rois

Presentación do cartel das Festas de Santo Isidro en Rois

Rois, 17/04/2026 – O concello de Rois prepara unha das súas festas máis importantes, a de San Isidro Labrador que chegará en maio, e como parte imprescindible está o cartel que servirá de imaxe pública da celebración.

Este ano o cartel gañador, tras a deliberación do xurado do concurso, foi o deseñado por María Dolores Busto Beade. A autora do cartel das Festas do Santo Isidro, veciña do municipio, convértese así na gañadora desta edición, nun certame no que se presentaron un total de 12 traballos.

O tribunal reuniuse este martes, 15 de abril, ás 11.00 horas, no edificio multiusos de Rois. Estivo integrado por Noelia Picadizo Villar, titulada en Deseño de moda; Antonio Villar Rodríguez, fotógrafo profesional; e Mercedes Basante Ares, en representación do Concello e por delegación do alcalde-presidente, Ramón Tojo Lens.

A proposta escollida será a imaxe oficial das festas patronais do Santo Isidro Labrador, converténdose no elemento gráfico que anunciará a celebración nas vindeiras semanas. Como recoñecemento, María Dolores Busto Beade recibirá un premio de 200 euros.

O Concello de Rois destaca a participación rexistrada nesta edición e a implicación das persoas creadoras que tomaron parte no concurso, contribuíndo a darlle forma á identidade visual dunha das citas máis destacadas do calendario festivo local.

Post navigation

Previous: Alana presenta na Capitol  “Un saber”
Next: A intervención nas gárgolas do Hostal foi autorizada por patrimonio

Máis novas

compostela feiito a man 4 agosto 2026
4 minutes read
  • Axenda

Comeza o XXIII edición do Feito a Man

compostela festival c 4 agosto 2026
3 minutes read
  • Axenda

O Festival C enche Compostela

TOURO VEST VERA 1 AGOSTO 2026
2 minutes read
  • Xeral

Noites no Ulla, a edición de verán de Ulla Fest

Ponte de San Lázaro Noia
2 minutes read
  • Xeral

Noia renovará a ponte peonil de San Lázaro

compostela centro mercadprias 31 xullo 2026
6 minutes read
  • Compostela

Nova etapa en Compostela na distribución de mercadorías

frades pleno xullo 31 xullo 2026
4 minutes read
  • Frades

Frades destina 95.000 euros de fondos propios a mellora de pistas

teo pleno extraordinario sobre o concello slide 1 setembro 2025.jpeg
3 minutes read
  • Teo

Teo aproba definitivamente os cambios no PXOM

compostela demandantes de vivenda 24 outubro 2018_slide
8 minutes read
  • Xeral

Compostela xa é unha zona de mercado residencial tensionado

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2787) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1430) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (816) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2682) sindicatos (109) Social (561) sucesos (130) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (694) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.