Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

PUBLI bng 25 XULLO
Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Axenda
  • Padrón
  • Xeral

Presentado o cartel das Festas de Pascua de Padrón

O cartel das Festas de Pascua de Padrón deseñado por unha muller

Cartel das Festas de Pacua de Padrón

Padrón, 13/03/2026 – O vindeiro 27 de marzo comezan as festas de Pascua de Padrón cun cartel deseñado, por primeira vez, por unha muller: Ángela Ríos.

Avogada de Extramundi de 24 anos, Ángela Ríos Martínez decidiu dar protagonismo aos cabaliños de Padrón, o tradicional carrusel que forma parte dos recordos da infancia de toda a comarca. A autora asegura que esta imaxe “é unha forma de volver á memoria colectiva e tamén á miña propia infancia, véndome reflectida eu mesma no cadro”.

Concelleira e alcalde de Padrón presentado festas de Pascua

Con esta obra, na que traballou durante quince días, Ángela Ríos quere, tamén, “renderlle unha homenaxe á familia Hernaiz”. A elección desta moza de Extramundi, graduada en Dereito e que cursou un máster en Sevilla para dedicarse profesionalmente á pintura ten como obxectivo apostar polo talento local e por darlle unha oportunidade ás figuras emerxentes da comarca.

O alcalde de Padrón, Anxo Arca, acompañado pola concelleira de Turismo e Festexos, Chus Campos, presentaron o cartel das festas e un amplo programa. O concerto de 9Louro será un dos atractivos da programación. Este mozo muradán de 22 anos é un dos referentes da música urbana galega e actuará o na praza de Macías o domingo de Pascua (22.00 horas), nunha velada que rematará co espectáculo de DJ Matrek Show no paseo do Espolón, á unha da madrugada.

Nueva Línea, a orquestra canaria que xa escoitaron 40 millóns de persoas nas redes sociais, estará en Padrón o venres de Pascuilla (22.30) e o grupo Assia, o domingo de Pascuilla (23.00 horas).

Como vén sendo tradición, as festas da Pascua xuntarán en Padrón as principais orquestras galegas (Panorama, París de Noia, Olympus, Los Satélites ou La Fórmula) e tamén as agrupacións locais (Unión y Fuerza, Charleston, Dúo Máster e Grupo Atenas).

A música tradicional, coas actuacións dos grupos folclóricos locais, e a das bandas teñen cabida nun cartel que non se esquece da xuventude, coas actuacións dos DJ que programa Open Air.

A Feira Cabalar do domingo de Pascua e a de maquinaria agrícola serán outros dos atractivos para visitar Padrón esta Semana Santa.

As festas rematarán o domingo de Pascuilla coa tradicional xuntanza da Irmandade dos Fillos e Amigos de Padrón, co Festival de Bandas Capital do Sar e cunha cita deportiva de primeiro nivel, a Clásica de Pascua, que este ano acada categoría internacional.

A proba ciclista trasládase ao Campus Tecnolóxico Cortizo, onde estará situada a saída e a liña de meta, dende o que máis de 150 corredores dos principais equipos farán un percorrido similar ao da Vuelta a España.

Post navigation

Previous: O Parque Compostela Rupestre traballa no futuro
Next: A Baña celebra o domingo 3 de maio a II Carreira Popular

Máis novas

Un momento do último Consello de Goberno da USC
5 minutes read
  • Xeral

A convivencia interxeneracional un dos eixos do plan de vivenda de estudantes da USC

José Antonio Domené solista na entrega do Portus Apostoli no Harp Fest de Noia
5 minutes read
  • Xeral

O arpista José Antonio Domené súmase ao Noia Harp Fest

Unha imaxe da última edición do WOS Festival
3 minutes read
  • Xeral

Primeiras confirmacións no WOS Festival 2026

Vehículos de emerxencias nunha intervención
2 minutes read
  • Teo

Teo homologa o Plan de Emerxencias Municipal

Imaxe da Ponte Maceira nas Noites en Vela nuha edición pasada
3 minutes read
  • Xeral

Hoxe chegan as Noites en Vela de Ponte Maceira

Imaxe aérea de Bertamiráns, imaxe de Google Maps
2 minutes read
  • Ames

Alertan da inseguridade en Bertamiráns, Ames

O desenvolvemento de novos fármacos é un proceso longo e complexo. A galega Celtarys, radicada en Compostela, ven de presentar unha tecnoloxía que reduciría o tempo necesario, substituíndo sustancias radioactivas por solucións máis accesibles, sustentables e utilizables en calquera laboratorio.
4 minutes read
  • Xeral

A galega Celtarys desenvolve unha nova tecnoloxía para a validación de fármacos sen radiación

Cartel do festival Lanzadeira 2026
4 minutes read
  • Compostela

Maneiro artista invitado este sábado no Festival Lanzadeira

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2082) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2774) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (613) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1429) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1617) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (812) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (728) Politica (942) saúde (528) Servizos (2674) sindicatos (109) Social (552) sucesos (129) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (692) Turismo (222) Universidade (581) urbanismo (260) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.