O caso Errejón motivou á ex concelleira de Ames Pilar Candocia ,referente política e feminista, a escribirnos e mostrar a súa opinión e os seus sentimentos sobre todo o que está sucedendo arredor do “caso Errejón”. Aquí tedes o seu texto íntegro.
Cartas ao director, 30 de outubro do 2024
É un momento duro e inspirador para quen que fixo da militancia na esquerda,a súa vida personal e profesional. Moitas das decisións na miña vida privada estiveron absolutamente ideoloxizadas e non é que non fóra decidido, que si o era pero o certo e que a miña decisión partía da crenza de que o humanamente bo e correcto eran os valores dese proxecto político-ideolóxico.Como se as persoas non foramos moito máis que iso!.

Tardei en chegar ao feminismo e fíxeno chea de incoherencias que seguen aquí vivas pero despois de por as gafas moradas nada se ve igual. Miro para atrás e son capaz de ver multitude de cousas mal resoltas. Como dí Rosa G. Graell “Non podemos dar crédito ao patriarcado e lernos dende a incoherencia. Os paradoxos fannos humanas e transitarlas é máis complexo que incoherente”.
O que acontece ao enterarnos que un militante de esquerdas como Errejón que supostamente loitaba ao noso e do noso lado, era un depredador sexual, un acosador fai que todo o noso mundo caia aos nosos pés, aos pés das mulleres feministas de esquerdas. Sentímonos responsables de non telo visto.
É duro asumilo, igual de duro que enfrontalo no caso dun fillo, un irmán , un pai. E que os afectos non desaparecen de súpeto. Ás mulleres estamos afeitas a seguir poñendo amor sobre quen nos fire. Non estamos preparadas para asumir a presenza da violencia patriarcal no noso entorno máis íntimo.
Só hai unha cousa clara de todo isto.O NOSO APOIO INCONDICIONAL ÁS VÍTIMAS DE ERREJÓN DICINDO ALTO E CLARO : IRMÁ EU CRÉOTE .
Pero esta situación pode ser tamén inspiradora, axudarnos a remar xuntas. Non me aparece acaído que desde o feminismo lle pídamos responsabilidades ás compañeiras máis directas de Errejón. Creo que o que o correcto é axudalas a asumir tanta dor, a poñerlle nome , a dicilo publicamente. A pasar o do . Iso é a sororidade.
Necesitamos entender que mañá nos pasa a nós e necesitaremos axuda para asumilo e seguir remando xuntas na loita contra o patriarcado e a prol dunha sociedade máis xusta.
No meu camiñar político pasei por varias forzas de esquerda e sei que nada disto é alleo a ningunha delas. Eu non souben ver ou hoxe miro de forma distinta situacións vividas por compañeiras ás que a organización lles deu ás costas.
É desesperanzador sentir que proxectos ilusionantes sobre todo para as novas xeracións se caen a cachos mentres campa o fascismo como se nada. Pero non podemos entender esto máis que como unha oportunidade para reforzar o feminismo desde o colectivo e desde o individual, porque como dí Carme Adán , non é o patriarcado quen toma as decisións, senón cada un e cada unha de nós! Así que toca remar a unísono!
Pilar Candocia
Activista feminista
Si quereden enviar unha carta o podedes facer a redaccionlindeiros@gmail.com especificando no asunto que se trata dunha “carta ao director”. No corpo da mensaxe tedes que incluír os datos de quen a envía, que non se publicaran si así o solicitades. Tamén podedes enviar unha nota de audio ou unha mensaxe ao 604074957, do mesmo xeito tedes que enviar nome e apelidos.