Cartas ao director 11 de xaneiro do 2023
Os Camiños de Santiago, todos, son un ben que precisa de coidados e mantemento. Non só porque son patrimonio de todos os que os pisamos, tamén porque hai moitos lugares que teñen que ter unhas mínimas condicións de seguridade.
Si quereden enviar unha carta o podedes facer a redaccionlindeiros@gmail.com especificando no asunto que se trata dunha “carta ao director”. No corpo da mensaxe tedes que incluír os datos de quen a envía, que non se publicaran si así o solicitades. Tamén podedes enviar unha nota de audio ou unha mensaxe ao 604074957, do mesmo xeito tedes que enviar nome e apelidos.
Hai uns días realizaba o Camiño de Inverno. A menos de quince quilómetros de Rodeiro o camiñante atópase cunha pasarela e o cartel de “Fonte dos meniños”, un lugar no que se levaban aos cativos para curarse dun mal que os deixaba sen enerxía segundo puiden ler.



A pasarela que levaba ata alí non estaba en bo estado, aínda así decidín baixar xa que levaba o calzado adecuado. Este pasado ano fixen tres veces o Camiño por distintos percorridos e non penso que se poda dicir que son unha “novata”.
A ida foi ben pero a volta non puiden evitar a caída. Unha simple malla metálica ou un tratamento antideslizante arranxarían o problema pero nin unha cousa nin a outra. O resultado a rotura da boneca por dous sitios e ter que pasar polo quirófano.
Hai moitos sitios onde pode pasar pero si se sinaliza un lugar para ser visitado ten que ser seguro. É o Camiño de inverno, non pode sorprender o mal tempo. So espero que esta carta serva para que a algún abra os ollos e non se acorden do Camiño só no verán e só nos Xacobeos.

