Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Cartas ao director

Carta ao director: Peregrinar á beira do explosivo

Carta ao director da Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON baixo o título Peregrinar á beira do explosivo, Cantas voces son necesarias para que un Goberno escoite ao seu pobo?
mina-touro-rolda-prensa-slide-14-novembro-2018_r

Table of Contents

Toggle
  • Peregrinar á beira do explosivo
    • Cantas voces son necesarias para que un Goberno escoite ao seu pobo?
    • Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON

Peregrinar á beira do explosivo

Cantas voces son necesarias para que un Goberno escoite ao seu pobo?

Non é suficiente un informe argumentado e claro de ameaza do Camiño Francés e outros bens culturais nos nosos municipios, como así sinalou ICOMOS  nun contundente informe emitido en outubro do pasado ano.

Non son suficientes os informes contrarios ao proxecto que demostran a ameaza ao patrimonio natural con innumerables especies que se verían aniquiladas e exterminadas na zona, como así o sinalaron a Federación Ecoloxista Galega, a Sociedade Galega de Historia Natural ou a Asociación Drosera.

Non é suficiente a ameaza e risco demostrado das enormes balsas de lodos con residuos a perpetuidade e un elevado nivel de falla e risco para as vidas de persoas e calquera outro ser vivo da zona, ata a propia Ría de Arousa e, en consecuencia, as gravísimas e irreparables consecuencias ambientais e económicas que un accidente destas características supoñería, como así o manifestaron informes independentes de expertos como o profesor Steven Emerman.

Non é suficiente a destrución do medio de vida de centos de persoas que teñen aquí os seus fogares, as súas terras, o seu día a día e a súa economía centrada na gandería, a agricultura, o sector forestal, as industrias agroalimentarias, o turismo, vinculado principalmente ao Camiño de Santiago, e os servizos vinculados a estas actividades, que ven seriamente ameazadas por este proxecto, como así o manifestou o Sindicato Labrego Galego en relación ás explotacións gandeiras.

Máis da metade do terreo non pertence á empresa promotora do proxecto, está a expulsarse ás persoas das súas terras. (Este mapa pertence a un dos documentos presentados por CSR na fase de exposición pública do proxecto)

Non é suficiente a herdanza contaminada que desde hai 30 anos sufrimos froito da inexistente restauración ambiental da anterior explotación mineira, pechada de maneira indefinida para a explotación de cobre no ano 1988, cuxa recuperación nunca se conseguiu, drenando acedo aos ríos e acuíferos procedentes da mina non restaurada e, consecuentemente, perpetuando os danos ás nosas augas, como así quedou demostrado nas múltiples denuncias de asociacións como Petón do Lobo, Salvemos Cabana, Adega ou Aldea Viva.

Non é suficiente que o propio Defensor del Pueblo chame a atención sobre a máis que sospeitosa imposibilidade de acceso á información, e advirta ao propio Goberno da Xunta para que poña luz e taquígrafos nun asunto coma o desta mina, onde todo apunta a que está pechada indefinidamente para a extracción de cobre desde 1988.

Cantos argumentos e informes máis serán necesarios para que, despois de dous anos desde a exposición pública do proxecto, e seis meses máis desde que a empresa o presentase na Xefatura Territorial de Minas da Coruña, se resolva denegando dunha vez un proxecto considerado NON VIABLE e QUE NON CONTA CON 15 INFORMES SECTORIAIS FAVORABLES?

Estaremos condenados a convivir cunha herdanza envelenada, con camións diariamente circulando á beira das nosas casas, das nosas familias, transportando á beira de onde camiñan os peregrinos diariamente entre 9000 e 16000 kg de explosivos, (documento do proxecto sobre tipo de voaduras) para a súa posterior detonación a menos de 1000 metros do Camiño e a menos de 200 das casas dos nosos veciños en Arinteiro ou Tribás, ou tantos outros lugares que rodean este inferno?

Na nosa man está paralo, non o dubiden. En Touro e O Pino así o dixemos, e toda a sociedade galega apoiounos o 10 de xuño de 2018 abarrotando a Praza do Obradoiro, km 0 de remate de todas as peregrinacións a Santiago. Non nos daremos por vencidos ata frear este atentado social e ambiental, porque Galicia non quere esta mina.

Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON

Post navigation

Previous: Ruta do románico por Barcala e Dubra
Next: Teo informa sobre novas rutas do TeoBús

Máis novas

pilar-candocia-volve-a-politica-slide-4-xullo-2023-(1)_r
4 minutes read
  • Cartas ao director

Cartas ao director. Errejón

carta-ao-director-peregrina-rotura-man-slide-2-10-xaneiro-2023-(5)_r
2 minutes read
  • Cartas ao director

Cartas ao director: Camiños e seguridade

carta-director-examenes-silleda-slide-4-outubro-2021_r
6 minutes read
  • Cartas ao director

Cartas ao director: polémica nas últimas oposicións á Xunta

carta-ao-director-david-contra-goliat-slide-normal-24-setembro-2021_r
3 minutes read
  • Cartas ao director

Cartas ao director: carta de David a Goliat

Remodelacion-rua-Horreo-normal-slide-29-decembro-2020_110715_r
3 minutes read
  • Cartas ao director

Carta ao director: A mobilidade sustentable pasa por quitar liñas de transporte público?

teo traballos na rede auga 19 maio NORMAL 2020
3 minutes read
  • Cartas ao director

Carta ao director: una rotura que sale cara

carta ao director normal pillado SLIDE 22 maio 2020
3 minutes read
  • Cartas ao director

Carta ao director: a infancia non é unha cabeza sen corpo

touro-contaminacion-rio-aldea-santaia-normal-18-maio-2018-(1)_r
5 minutes read
  • Cartas ao director

Cartas ao director: A Asociación Tralapena e o proxecto mineiro de Touro

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (665) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2818) Curtocircuito (40) Deportes (750) Economía (450) Educación (777) eleccions (49) Emprego (244) Entroido (42) Festas e Feiras (622) Festivais (837) Galego (146) Institucións (1439) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1622) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (824) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (736) Politica (950) saúde (533) Servizos (2699) sindicatos (109) Social (563) sucesos (133) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (703) Turismo (223) Universidade (586) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.