Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Xeral

Carla Simón presenta en NUMAX a preestrea de «Verán 1993»

numax preestrea 1993 de carla simon slide 27 junio 2017_r

Compostela, 27 de xuño do 2017 – O xoves 29 ás 19:30 Numax recibe a cineasta catalá Carla Simón na preestrea de Verán 1993, delicado relato sobre a infancia, de importante carga autobiográfica, que vén de acumular premios en festivais como a Berlinale, BAFICI, Cannes, Estambul ou Málaga.

Verán 1993 preséntanos a Frida, unha nena de seis anos que, logo da morte da súa nai, pasa o primeiro verán coa súa nova familia. Situado en pleno campo, o novo fogar de Frida, obrigará á pequena a se adaptar a un novo mundo de sensacións, relacións e afectos.

Verán 1993 trasládanos con gran precisión ao mundo da infancia, a través dos detalles que marcaron a biografía da propia directora. Tal e como ten sinalado Carla Simón, «Verán 1993 é a miña propia historia, o filme máis persoal que escribín até a data. Un verán que definiu a miña infancia e me obrigou a medrar máis rápido que calquera outra nena da miña idade, influenciando sen dúbida a persoa que son hoxe en día. En Verán 1993, a miña nova vida comezou. Ainda que os meus recordos sexan vagos, este filme retrata ese período coa nena que eu era entón como protagonista».

A ópera prima coa que Carla Simón se dá a coñecer no panorama cinematográfico vén de facer unha exitosa xira por festivais de todo o mundo acadando premios na Berlinale 2017 (Mellor opera prima, Gran Premio do Xurado Internacional), Málaga 2017 (Biznaga de Ouro, Premio Feroz Puerta Oscura, Premio SGAE), BAFICI 2017 (Mellor dirección, Premio do Público, Premio Signis), Estambul (Premio Especial do Xurado) ou Cannes 2017 (Écrans Junior).

Verán 1993 terá a súa estrea en salas de todo o Estado o venres 30 de xuño. Porén, no Cinema NUMAX temos o luxo de contar cunha preestrea exclusiva o xoves 29 ás 19:30 na que contaremos con presentación e coloquio a cargo da directora, unha sesión para a que xa se atopan as entradas á venda.

Post navigation

Previous: Composcleta organiza unha charla da activista colombiana Andrea María Navarrete
Next: Entre a música e a comedia as Crechas acollen ao monologuista Zakarías O’Facas

Máis novas

diego luis diaz alcalde val do dubra primer plano 5 outubro 2026
3 minutes read
  • Xeral

Municipais 2027: Diego Luís Díaz, alcalde de Val do Dubra

a banha nova umeracion 5 outubro 2026
3 minutes read
  • A Baña

A Baña prepara a nova numeración municipal en 11 parroquias

santa comba mellora de viarios 5 outubro 2026 (1)
2 minutes read
  • Xeral

Santa Comba licita a mellora de viarios

museo do pobo programacion slide otubro (3)
6 minutes read
  • Xeral

Outubro no Museo do Pobo Galego

ateneo avaro ortiz 5 outubro 2026
2 minutes read
  • Xeral

Álvaro García Ortiz da unha conferencia no Ateneo

deputacion-variante-cacheiras-slide-18-outubro-2018_r
2 minutes read
  • Xeral

Problemas nas obras da variante de Cacheiras

compostela-transporte-urbano-slide-30-agosto-2022_r
2 minutes read
  • Xeral

O concello de Teo esixe manter a liña 12 do urbano de Santiago

usc territorios que lideran 2 outubro 2026
4 minutes read
  • Xeral

A USC impulsa o Foro “Territorios que lideran”

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (665) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2814) Curtocircuito (40) Deportes (750) Economía (449) Educación (776) eleccions (48) Emprego (244) Entroido (42) Festas e Feiras (622) Festivais (837) Galego (146) Institucións (1439) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1622) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (823) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (735) Politica (949) saúde (533) Servizos (2698) sindicatos (109) Social (563) sucesos (133) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (702) Turismo (223) Universidade (585) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.