Compostela, 21 de abril do 2017 – O arcebispo de Santiago, monseñor Julián Barrio presidirá hoxe venres o acto de apertura e a sesión inicial das Xornadas de Teoloxía sobre a Caridade, organizadas polas Confederación de Cáritas Española e que por espazo de tres días reúnen en Compostela a representantes da institución de todo o país para debater sobre o tema, Abrindo camiños a unha economía máis solidarias e inclusiva
As sesións de traballo terán como marco o salón de actos do Colexio La Salle e iniciásense hoxe venres, ás seis e media da tarde. Despois do saúdo de benvida de monseñor Barrio, o bispo auxiliar de Santiago, monseñor Jesús Fernández González na súa condición de bispo responsable e acompañante de Cáritas Española, dará conta da mensaxe da Comisión Episcopal de Pastoral Social. O acto inaugural pecharase coa intervención de Manuel Bretón Romeu, presidente de Cáritas Española.
O primeiro relatorio das Xornadas de Teoloxía sobre a Caridade correrá a cargo do profesor Enrique LLuch Frechina da Universidade San Pablo Ceu que falase de Unha economía baseada no crecemento funciona?
Ao longo de tres días reflexionarase sobre a economía que mata, os cambios estruturais necesarios para unha economía máis solidaria, os retos de futuro no plano económico da solidariedade, e presentaranse as experiencias alcanzadas en distintas Cáritas nacionais.
As xornadas de Teoloxía sobre a caridade serán clausuradas polo cardeal Luís Antonio Tagle, arcebispo de Manila e presidente de Cáritas Internacinalis, que se penetrará nos cambios necesarios de actitudes para avanzar nunha economía solidaria. Os congresistas asistirán a unha Eucaristía que se celebrará na catedral e que presidirá monseñor Tagle