займ срочно

O Carballo de Conxo segunda mellor árbore de Europa 2022

0

Compostela, 23 de marzo do 2022 – O Carballo de Conxo alcanza a segunda posición no certame “Árbore do ano Europeo 2022”.    

O Carballo Dunin de Polonia foi o gañador. A Península Ibérica sae de todos xeitos reforzada porque o Sobreiro Monumental que presentaba Portugal quedou en terceira posición.

As diferencias foron poucas. Os polacos acadaron 179.317 votos e o Carballo de Conxo 168.284 apoios. Os portugueses quedaron moi por detrás con tan só 70.563 votos.

A fase final da votación estivo todo moi axustada, e desde a organización comentaron que este ano foi a edición con máis participación que rexistraron. O Carballo estivo competindo por enriba dos 130.000 votos con Polonia durante o mes de febreiro antes de que as votacións se volvesen ocultas, con moitos máis votos que o gañador final do pasado ano.

O acto de peche da 12ª edición do concurso ‘Tree of the year’ celebrouse esta tarde en Bruxelas. O galardón foi presentado por Ludek Niedemayer, eurodeputado, vicepresidente da Comisión de Asuntos Económicos e Monetarios do Parlamento Europeo, e por Michal Wiezik, eurodeputado da Comisión de Medio Ambiente, Saúde Pública e Seguridade Alimentaria do Parlamento Europeo; acompañados doutras autoridades da Comisión Europea e dos organizadores do concurso.

Desde o Auditorio de Galicia en Santiago, o Concello tamén organizou un pequeno evento para seguir a cerimonia dos resultados vía streaming, onde congregou e recoñeceu publicamente as preto dun centenar de entidades, asociacións, colexios, empresas e organizacións que participaron activamente na campaña.

O alcalde do Concello de Santiago e Susana Domínguez da organización Bosques sin Fronteiras, agradeceron a todas as entidades o seu valioso apoio brindado á candidatura do Carballo do Banquete de Conxo, contribuíndo así á protección dos nosos bosques urbanos e á loita contra o cambio climático.

O alcalde Xosé S. Bugallo, salientou que “a pesares do resultado final, sendo a segunda posición un magnífico resultado, esta inicativa resultou ser un éxito enorme e un desafío moi satisfactorio, que acadou un nivel de agarimo da xente moi por enriba do previsto” e mostrouse moi agradecido con todas a veciñanza e as entidades que apoiaron a campaña do Carballo compostelán.

Un voto unha árbore

Ao comezo desta campaña en FITUR, o reto ambiental foi #1Voto1Árbore advertindo que o o compromiso co medio ía en serio, a día de hoxe, máis de 15.000 árbores autóctonas, principalmente carballos, foron xa plantadas no Concello de Santiago a raíz deste reto, e continuaremos cun total de máis de 100.000 novas árbores ata o 2030. Un estupendo legado que xa forma parte da historia de Santiago.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies