займ срочно

O Carballo de Conxo comeza a competición para ser árbore do ano en Europa

0

Compostela, 1 de febreiro do 2021 – Cunha plantación de landras do Carballo de Conxo e unha presentación ao seu carón comezou este luns a carreira para conseguir o título de árbore europea do ano.

Ata o 28 de este mes pódese votar polo Carballo de Conxo no portal https://www.treeoftheyear.org . O concello de Santiago comprometeuse a plantar un carballo, ata o ano 2030, por cada voto que se lle de ao de Conxo. A intención é conseguir cado menos 100.00 votos.

Tras facerse co título a nivel nacional, o Carballo compostelán iniciou o camiño para facerse co título europeo nun acto que contou coa presenza do alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo; da conselleira de Medio Ambiente, Ángeles Vázquez; da presidenta da Asociación Bosques sen Fronteiras, Susana Domínguez; do director xeral de Biodiversidade, Bosques e Desertificación, Jorge Luís Marquínez; así como coa concelleira de Medio Ambiente, Mila Castro; a voceira do grupo municipal do BNG, Goretti Sanmartín; a concelleira do grupo municipal popular María Castelao e representantes de asociacións veciñais culturais.

O acto estivo precedido pola plantación de 300 carballos no Miradoiro do Monte de Conxo, tarefa na que se afanaron os alumanos e alumnas do Colexio Santa Apolonia.

“Nestes tempos de crise global da biodiversidade, a resistencia desta árbore ao paso do tempo é á vez un excelente exemplo e unha responsabilidade para as próximas xeracións. Ademais, a súa presenza na obra literaria de Rosalía de Castro e na memoria colectiva dos composteláns, así como a súa condición de testemuña, durante máis de dous séculos, do paso dos peregrinos a Santiago a través do Camiño Portugués, fan que este carballo centenario sexa unha árbore singular e un excelente candidato para representar a España a nivel europeo”, declarou o alcalde de Santiago, D. Xosé Antonio Sánchez Bugallo.

O rexedor pediu a “implicación de toda a cidadanía” para lograr que “O avó” se impoña aos outros exemplares simbólicos procedentes dun total de 16 países europeos que competirán neste concurso organizado por Bosques sen Fronteiras coa colaboración do Ministerio de Transición Ecolóxica e Reto Demográfico, FSC España e a Fundación Feuvert.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies