Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Silleda

Caramuxo e Perla I gañan o Concurso Morfolóxico Cabalo Pura Raza Galega

primeiro-machos-cabalo-galego-IMG_2939-slide_r

Table of Contents

Toggle
  • Silleda, 10 de xuño do 2018 –  Os exemplares Caramuxo  e  Perla I foron, respectivamente, os gañadores das seccións de machos e femias do Concurso Morfolóxico Oficial Cabalo Pura Raza Galega, que se celebrou na 41ª Abanca Semana Verde de Galicia.
    • O cabalo galego, protagonista doutras actividades

Silleda, 10 de xuño do 2018 –  Os exemplares Caramuxo  e  Perla I foron, respectivamente, os gañadores das seccións de machos e femias do Concurso Morfolóxico Oficial Cabalo Pura Raza Galega, que se celebrou na 41ª Abanca Semana Verde de Galicia.

O primeiro premio en machos: Caramuxo

En machos, ademais de Caramuxo, propiedade de José Fandiño Vázquez, de Cobas (Ferrol), foron recoñecidos co segundo posto, Jalisco I, de Marcelino Freire, de Oza-Cesuras (A Coruña), e co terceiro Castaño III, de Juan Fontenla, de A Estrada (Pontevedra)

En canto a femias, a gañadora, Perla I , pertence a José María Costa Blanco, de Muras (Lugo). O segundo e o terceiro posto foron, respectivamente, para Dana e Támaga, ambas de Marcelino Freire.

No concurso, organizado pola Asociación de Criadores do Cabalo de Pura Raza Galega (Puraga), participaron 13 exemplares desta raza autóctona en perigo de extinción procedentes de distinta localidades de Galicia.

Primeiro premio en femias: Perla I

O cabalo galego, protagonista doutras actividades

Ao longo da xornada o cabalo de pura raza galega foi tamén protagonista noutras propostas do programa da feira, como unha exposición permanente de exemplares e unha exhibición de  ferraxe a lume.

Para hoxe domingo, esta raza centrará as súas actividades nunha exhibición de perruquería equina orientada á preparación de exemplares para concursos e espectáculos e tamén nunha exhibición de doma clásica de alta escola con monta antiga á amazona, organizada pola Asociación Cabalo Pura Raza Galega e ofrecida por xentileza de Gadis.

Post navigation

Previous: Demandan ao alcalde de Trazo que devolva as dietas de catro anos, moitas delas presuntamente falsas
Next: Presentada a Biblioteca de Teatro na Semana do Libro de Compostela

Máis novas

silleda presentacion festa da empanada bandeira 25 xullo 2026
2 minutes read
  • Axenda

A Festa da Empanada cumpre 50 anos

Cartel do certae música a fartar en Bandeira, Silleda
2 minutes read
  • Xeral

 “Música a fartar” na vila da Bandeira

Presentación da edición trinta e seis da Romaría da Rapazada en Silleda
5 minutes read
  • Xeral

36ª Romaría da Rapazada

Presentación da ruta de clásicos que partirá de Silleda
3 minutes read
  • Xeral

XVIII Ruta Turística A Lanzada, de vehículos clásicos,

silleda vandalismo carboeiro 7 abril 2026 (1)
3 minutes read
  • Silleda

Vandalizan o Mosteiro de Carboeiro en Silleda

LUIS PENIDO PREMIO EUROPEO 6 FEBREIRO 2026
3 minutes read
  • Compostela

O Consejo Superior de Deportes recoñece a Luís Penido e Christian Costoya como deportistas de alto nivel

silleda entroido 2026
4 minutes read
  • Axenda

A tradición do Entroido do Ulla comeza o 7 en Silleda

cig saude mental SLIDE NORMAL 13 setembro 2021
2 minutes read
  • Silleda

Charla en Silleda sobre a depresión

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (664) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2797) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (773) eleccions (45) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (837) Galego (145) Institucións (1433) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1619) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (818) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (731) Politica (944) saúde (531) Servizos (2690) sindicatos (109) Social (563) sucesos (131) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (696) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.