Na CaraB dámoslle unha oportunidade á oposición para que conte a súa visión do que sucede no seu concello, buscamos que concreten o que farían para ir facéndonos unha idea e poñemos a vosa disposición preguntas e respostas para que teñades claro o ton da conversa.

Borja Verea “cando fixen esas declaracións [que non aceptaría unha moción de censura a non ser co PSdeG] nin nos peores soños podía pensar que os non adscritos ianse dedicar día si e día tamén a criticar a este goberno, os que cambiaron completamente de opinión foron eles”
Borja verea chegou como candidato hai dous anos e sacou un excelente resultado nas eleccións que, pese a conseguir 11 concelleiros, non lle chegou para ser alcalde. Desde entón o obxectivo e gañar as vindeiras eleccións e demostrar que o faría mellor, moito mellor, que o actual goberno municipal de Compostela.
Comezamos preguntando por unha rolda de prensa de hai unhas semanas na que facía un balance dos dous anos de mandato do goberno municipal. O titular que saíu foi que se marcaba como obxectivo gañar dentro de dous anos coa maioría máis ampla nunca conseguida. Para Borja isto sucederá porque o goberno non funciona, é o peor goberno dos últimos anos.
Todo o mundo nega a posibilidade dunha moción de censura pero seguimos falando dela día tras día, un paradoxo que non ten moita explicación e para o que Borja Verea ten unha explicación
Non podíamos deixar de preguntarlle si tanto lle molestou a polémica sobre a frase “os soños húmidos de Borja Verea” , explica que o que lle molestou foi a hipocrisía que esa fresa leva implícita

Licitouse o lixo no seu día, co goberno anterior pero agora toca xestionalo; licitouse o SAF, ven de licitarse o contratos dos centros socioculturais… preguntámoslle a Borja Verea se teme chegar ás eleccións cun goberno máis forte: para él licitar non significa nada , o que hai é que adxudicar e asegura que, por exemplo, non haberá novos autobuses en Compostela antes das eleccións.
Preguntamos polas constantes críticas á situación da recollida do lixo que Verea achaca a unha mala xestión igual que en outros moitos servizos. Pensa que ou non saben xestionar, ou son vagos ou están tendo mala sorte, non atopa outra explicación.
Aproveitamos para preguntarlle sobre o parking do Clínico xa que asumimos que pode ter máis información, o problema é que non algo que xestiones el directamente polo que resulta complicado dar datas de finalización.
Non queremos acabar sen preguntar polo concurso de ideas para o corredor central da cidade. Borja Verea defende a súa idea de peonalización desde Porta Faxeira ata San Roque pero si alguén presenta un proxecto mellor estaría disposto a aceptalo e implementalo si no 2027 gaña as eleccións.
Bora Verea é un home de fortes conviccións, está seguro do que di e da a sensación de que, as veces, é unha seguridade excesiva tendo en conta os tempos tan cambiantes que vivimos. É de agradecer que non fuxa das preguntas, e que non conteste con evasivas, as conversas e debates con él son sempre interesantes e un pode tirar moitas conclusións do que di.
