Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • CARAB
  • Entrevistas
  • Noia
  • Xeral

Cara B: Santiago Freire, ex alcalde de Noia

Todo o sucedido arredor dos gastos do Partido Popular de Noia lévanos na nosa Cara B a falar con Santiago Freire para saber que opina o ex alcalde.

noia pp facturas 5 decembro 2025

Que un político, ou varios, gasten cartos en comidas e “refrixerios” non sorprende a ninguén. Si sumamos a tendencia que temos en Galicia de falalo todo arredor dunha comida o sucedido parece ata normal.

Na conversa que tiñamos con Francisco Pérez, o actual alcalde socialista de Noia, explicaba que non sabía quen filtrara as facturas do PP pero que en calquera caso era unha realidade.

 Agora alguén, o mellor o mesmo, filtrou as do Psoe e a Marea Cidadá e Santiago Freire non tardou en dar unha rolda de prensa para explicar que facían o mesmo que eles,

O ex alcalde explica que as facturas pagáronse con “cargo ao grupo político” pero o que cobra o grupo político, todos, sae tamén do peto público. Esta afirmación lévanos á seguinte pregunta, non debería de poñerse un límite ao que se pode e non se pode facer con eses cartos?

A explicación de que durante os últimos anos tódolos grupos usaron os cartos que se lles asignou non responde moi ben a nosa pregunta. O certo é que este tipo de cuestións son as que fan que a veciñanza se afaste cada vez máis da política. Santiago Freire pensa sen embargo que hai algo de hipocrisía en todo esto.

Escoitando a Santiago Freire, e aos políticos en xeral, só cabe preguntarse se non se poden facer as reunións e os encontros coa veciñanza en horarios que non coincidan con comidas ou cenas, polo que se ve é complicado.

Un se pregunta si en outros países europeos terán asignacións, e si as teñen si as gastarán en comidas e pinchos; ben é certo que coa comida que teñen en algúns de eses sitios non é como para animarse.

Nunha cousa si ten razón Santiago Freire, todos somos un pouco hipócritas con estes temas porque quen non se queixou algunha vez, ao ir a calquera evento, de que nin pinchos puxeron?.

Manel Pardo

Post navigation

Previous: A Deputación colabora coas “Parroquias en Movemento” de Val do Dubra
Next: Maxia, música, teatro e obradoiros no Nadal de Teo

Máis novas

bisbarra eleccions e lista 14 outubro 2026
4 minutes read
  • Xeral

Municipais 2027: tambores de eleccións, os partidos moven fichas

frades oroso obra enlace 14 outubro 2026 (3)
3 minutes read
  • Xeral

Frades e Oroso arranxan a estrada de O Fontelo a A Igrexa

no adscritas sabugueir labacollla 9 de outubro do 2026
6 minutes read
  • Xeral

Críticas ao PIA de Sabugueira, en Compostela

composyela transitos fest 9 outubro 2026
4 minutes read
  • Xeral

Tránsitos Fest

USC LEGO SERIOUS PLAT 8 DE OUTUBRO DO 2026 (1)
2 minutes read
  • Xeral

Emprender xogando con Lego e a USC

AMES CONTRATO DE MANTEMENTO DE LUMINARIAS 8 DE OUTURBRO DO 2026
4 minutes read
  • Xeral

Ames presenta o novo servizo de mantemento do alumeado público

compostela reapertura museo de maxia 18 novembro 2025 (1)
3 minutes read
  • Xeral

O Museo da Maxia de Galicia crea unha Escola de Maxia 

brion orzamento 07 outubro 20026
3 minutes read
  • Brión

Brión quere aprobar hoxe o orzamento máis alto da súa historia

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (665) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2818) Curtocircuito (40) Deportes (750) Economía (450) Educación (777) eleccions (49) Emprego (244) Entroido (42) Festas e Feiras (622) Festivais (837) Galego (146) Institucións (1439) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1622) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (824) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (736) Politica (950) saúde (533) Servizos (2699) sindicatos (109) Social (563) sucesos (133) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (703) Turismo (223) Universidade (586) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.