Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Compostela
  • Xeral

A Sala Capitol celebra 90 anos

capitol 90 aniversario slide

Onte presentouse o cartel do 90º aniversario da Sala Capitol de Compostela, un cine aberto en 1935 que se mantivo, e mantén, como un dos centros de ocio e cultura máis importantes de toda Galicia.

Para unha boa parte da poboación de Compostela en particular, e de Galicia en Xeral, a Sala Capitol e moito máis cunha referencia de ocio. Hai unha parte emocional en todos os que vimos alí algunha estrea de cine, Xa sexan historias de galaxias, maquinas do tempo, ou súper heroes o certo é que non as esquecemos.

Nos últimos anos eses vínculos emocionais coa Capitol nacen pola música. Esta considerada unha das mellores salas de concertos de toda España e , como onte se mencionou, en boa parte é polo trato que reciben público e artistas por parte do persoal da sala.

A nova xerencia da Capitol, chegada hai menos dun ano, faino con manter ese estilo e potencialo. Mostra de esa intención e a programación do 90 aniversario. Na presentación do cartel que conmemora este aniversario participaron Andrés e Fran Villasenín, que dirixen a sala no día a día;  Carlos Covas e Santiago Domínguez, socios capitalistas e Rebeca Losada, autora do cartel.

Ao longo da presentación as referencias ao cine foron constantes precisamente polas lembrazas que todos os presentes tiñas de esa etapa da Sala Capitol. Iso é tamén o que motivou a Rebeca Losada a crear un cartel no que personaxes como ET, King Kong, Greemlins ou tiburón axudan a lembrar o que foi este local.

Un futuro emocionante

Este aniversario marca tamén o inicio de esta nova etapa. Despois duns meses de adaptación da nova xerencia, sen que se deixara de programar, agora toca poñer o selo propio. Capitol 1935 é o nome que se da a esta programación ecléctica na que nos vindeiros meses estarán Ortiga, Ginebras, Xoel López, Nick Waterhouse, Straits Jackets, Ariel Roth, Nikki Hill, Fantastic Negrito, El Drogas ou Carlangas. Unha lista interminable que coloca a Compostela no centro da cultura musical do noroeste peninsular.

Iremos contando todo o que pase na Capitol, porque seguro que hai sorpresas aínda non desveladas. Compostela ten en esta sala un patrimonio a preservar xa que é actualidade, futuro e memoria, algo que non todo o mundo pode dicir.

Post navigation

Previous: Día Internacional da Narración Oral
Next: Os concellos próximos a Palas mobilizaranse contra ALTRI

Máis novas

no adscritas sabugueir labacollla 9 de outubro do 2026
6 minutes read
  • Xeral

Críticas ao PIA de Sabugueira, en Compostela

composyela transitos fest 9 outubro 2026
4 minutes read
  • Xeral

Tránsitos Fest

USC LEGO SERIOUS PLAT 8 DE OUTUBRO DO 2026 (1)
2 minutes read
  • Xeral

Emprender xogando con Lego e a USC

AMES CONTRATO DE MANTEMENTO DE LUMINARIAS 8 DE OUTURBRO DO 2026
4 minutes read
  • Xeral

Ames presenta o novo servizo de mantemento do alumeado público

compostela reapertura museo de maxia 18 novembro 2025 (1)
3 minutes read
  • Xeral

O Museo da Maxia de Galicia crea unha Escola de Maxia 

brion orzamento 07 outubro 20026
3 minutes read
  • Brión

Brión quere aprobar hoxe o orzamento máis alto da súa historia

touro visitas patrimnio slide 7 outubro 2026
2 minutes read
  • Xeral

Touro descobre o seu patrimonio oculto

amea maxia sñide 7 outubro 2026
6 minutes read
  • Xeral

XXI Festival Internacional de Maxia de Ames

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (665) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2818) Curtocircuito (40) Deportes (750) Economía (450) Educación (777) eleccions (48) Emprego (244) Entroido (42) Festas e Feiras (622) Festivais (837) Galego (146) Institucións (1439) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1622) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (824) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (736) Politica (949) saúde (533) Servizos (2699) sindicatos (109) Social (563) sucesos (133) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (702) Turismo (223) Universidade (586) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.