Compostela, 25 de xullo do 2017 – Os Fogos do Apóstolo tiveron música en directo coas pandereteiras de Cantigas e Agarimos tocando desde o balcón de Raxoi.
Os Fogos convenceron este ano. Cunha limitación nos últimos tempos do uso da pólvora, lóxica para preservar o patrimonio, as sorpresas soen vir da tecnoloxía pero este ano Cantigas e Agarimos colouse como guinda a un fermoso pastel.
A empresa Acciona deseñou nun mes un espectáculo coherente que lembrou a esquecida festa do Cendal, algunhas das fachadas que se queimaban diante da Catedral e a moitos persoeiros da cidade e de Galicia. Pero a sorpresa chegou cando o Pazo de Raxoi converteuse nun inmenso hórreo no que crecían as hedras, e do seu centro emerxían as pandereteiras de Cantigas e Agarimos; un traballo tan ben feito que o publicou tardou un tempo en decatarse de que eran de carne e oso.
Aqui tedes un pequeno resumo do que foron os Fogos do Apóstolo 2017
[ngg_images source=”galleries” container_ids=”37″ sortorder=”651,650,649,648,647,645,644,642,641,640,639,646,638,637,636,635,634,632,631,630,629,628,633,643″ display_type=”photocrati-nextgen_basic_slideshow” gallery_width=”800″ gallery_height=”600″ cycle_effect=”fade” cycle_interval=”4″ show_thumbnail_link=”0″ thumbnail_link_text=”[Show thumbnails]” order_by=”sortorder” order_direction=”ASC” returns=”included” maximum_entity_count=”500″]