Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Xeral
  • Axenda
  • Compostela
  • Músicas na linde

“CANTAMOS!” coa Real Filharmonía

A Real Filharmonía  abre a convocatoria do proxecto “CANTAMOS!” para coros infantís e xuvenís

compostela-concerto-real-filharmonia-normal-16-xullo-2019-(2)_r

Imaxe de arquivo

Compostela, 30/07/2026 – A Real Filharmonía de Galicia abre o período de inscrición de CANTAMOS!, o seu proxecto participativo dirixido a coros infantís e xuvenís de toda Galicia.

“CANTAMOS!”  é unha iniciativa que reafirma o compromiso da orquestra por abrir o escenario á cidadanía e converter a práctica musical nun espazo compartido de encontro, aprendizaxe e creación colectiva.

As formacións interesadas poderán presentar a súa solicitude ata  o 10 de setembro a través do formulario dispoñible na páxina web da Real Filharmonía de Galicia. Toda a información sobre o proxecto, o calendario e as condicións de participación pode consultarse en CANTAMOS!, mentres que a inscrición poderá formalizarse directamente a través do formulario en liña.

Ao longo de varios meses, os coros seleccionados prepararán un programa que culminará con dous concertos participativos os días 17 e 18 de decembro de 2026 no Auditorio de Galicia, nos que compartirán escenario coa Real Filharmonía de Galicia nunha experiencia artística e formativa única.

Nesta edición, CANTAMOS! propón unha viaxe musical que transita entre a forza evocadora do cinema de Nadal e a emoción das panxoliñas tradicionais galegas. O repertorio reúne algunhas das bandas sonoras máis recoñecibles do gran público, con música de Danny Elfman, John Williams e Alan Silvestri, xunto a arranxos realizados polo compositor británico Peter Hope sobre melodías tradicionais como Paxariños que voades, Vinde galeguiños ou Canción de berce para unha princesa negra. Un programa pensado para conectar diferentes xeracións a través dunha música que forma parte do imaxinario colectivo.

O proxecto estará dirixido por Javier Fajardo, quen obtivo recoñecementos en certames europeos de dirección coral e converteuse nun referente na creación de proxectos participativos que unen excelencia artística e vocación pedagóxica. Tras liderar as anteriores edicións de CANTAMOS!, volverá situarse á fronte desta iniciativa, na que centos de mozos e mozas xa tiveron a oportunidade de vivir a experiencia de cantar xunto a unha orquestra profesional.

Máis alá dos concertos, CANTAMOS! representa unha das principais apostas da Real Filharmonía de Galicia pola participación cidadá. A través deste proxecto, a orquestra reforza o seu papel como institución cultural aberta, creando pontes entre os intérpretes profesionais e o tecido coral galego, favorecendo o intercambio de experiencias e achegando a música sinfónica a novos públicos desde a práctica compartida.

A iniciativa desenvólvese en colaboración coa Asociación de Amigos da Ópera de Santiago  e a Federación de Coros de Galicia, dúas entidades de referencia que contribúen ao impulso da actividade coral e á difusión da música en Galicia, consolidando unha alianza que fortalece o carácter participativo e integrador do proxecto.

Os ensaios celebraranse entre novembro e decembro no Auditorio de Galicia e culminarán cos dous concertos previstos para os días 17 e 18 de decembro. No caso de que o número de solicitudes supere a capacidade do escenario, realizarase unha selección que garanta o equilibrio das distintas cordas e a representatividade do conxunto das formacións participantes.

A relación de coros seleccionados publicarase posteriormente na páxina web e nas redes sociais da Real Filharmonía de Galicia.

Post navigation

Previous: Catro empresas distintas atenden o SAF de Padrón
Next: Compostela xa é unha zona de mercado residencial tensionado

Máis novas

compostela feiito a man 4 agosto 2026
4 minutes read
  • Axenda

Comeza o XXIII edición do Feito a Man

compostela festival c 4 agosto 2026
3 minutes read
  • Axenda

O Festival C enche Compostela

TOURO VEST VERA 1 AGOSTO 2026
2 minutes read
  • Xeral

Noites no Ulla, a edición de verán de Ulla Fest

Ponte de San Lázaro Noia
2 minutes read
  • Xeral

Noia renovará a ponte peonil de San Lázaro

compostela centro mercadprias 31 xullo 2026
6 minutes read
  • Compostela

Nova etapa en Compostela na distribución de mercadorías

frades pleno xullo 31 xullo 2026
4 minutes read
  • Frades

Frades destina 95.000 euros de fondos propios a mellora de pistas

teo pleno extraordinario sobre o concello slide 1 setembro 2025.jpeg
3 minutes read
  • Teo

Teo aproba definitivamente os cambios no PXOM

compostela demandantes de vivenda 24 outubro 2018_slide
8 minutes read
  • Xeral

Compostela xa é unha zona de mercado residencial tensionado

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2787) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1430) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (816) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2682) sindicatos (109) Social (561) sucesos (130) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (694) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.