Compostela, 4 de abril do 2017 – Xaime Rodríguez e Javier González, barmans do Kubos de Lalín, álzanse co título de Barman e Novo Barman do Campionato de Coctelería de Galicia 2017.

Guillermo González alzouse co Trofeo ao Mellor Cóctel con Augardente de Galicia mentres que Carlos Abilleira foi o vencedor na categoría de flair
Organizado por AGABA
Máis de medio centenar de persoas déronse cita no Hostal dos Reis Católicos en Compostela que volveu acoller unha nova edición do Campionato nunha tarde na que tamén se disputaron o VIII Campionato Galego de Coctelería Categoría Flairtending, que foi de novo para o pontevedrés Carlos Abilleira e o XV Trofeo ao Mellor Cóctel con Augardente de Galicia, que foi para o barman ourensán Guillermo González.

21 profesionais de toda Galicia déronse cita na competición, a única das súas características que se celebra en Galicia e na que se elixen os representantes galegos no Campionato Nacional. Co seu cóctel Amores de Barra, o barman lalinse obtivo o primeiro posto no Campionato Galego de Coctelería 2017 na categoría de Barman mentres que Javier García, co seu combinado Feo, forte e formal, alzouse co primeiro posto na categoría Nova Barman. Xunto con Abilleira, co seu cóctel Fantastic Dog como primeiro clasificado na categoría de flairtending, serán así os representantes galegas no Campionato Nacional que se celebrará en Mérida.

O Trofeo de Bagazo de Galicia, pola súa banda, volveu irse a Ourense, para Guillermo González, do Moon 93 que co seu Moonrujo alzouse co Trofeo Especial do Consello Regulador de Augardentes e Licores Tradicionais de Galicia.
O xurado técnico e degustador tamén outorgou premios á Mellor Técnica e Mellor Degustación que recaeron tamén en Xaime Rodríguez mentres que o de Mellor Decoración foi para Víctor Marquez, que quedou clasificado como 2º Mellor Barman e Guillermo González no 3º posto, completando o ránking. Na categoría Nova Barman, o podio complétao Francisco Jesús García Piñeior, segundo posto, e Gabriel Vilar, terceiro.
Nesta edición o xurado técnico estivo composto por Iván Talens, Sergio Freire e Ramón Ramírez, presidente da Federación de Asociacións de Barmas de España (FABE), mentres que o degustador do Campionato de Coctelería na súa categoría clásico estivo composto por Óscar Quintana, catador de Culler de Pau, Juan Vidal e José Cousillas, do CIFP Manuel Antonio, Manolo Regueira, director de restauración do AC Palacio do Carmen, Javier Pérez e Eva Millán mentres que en para o Trofeo de Bagazo de Galicia o xurado degutación estivo a cargo de Hixinio Rodeiro, Javier Pérea Castro, Miguel Oliveira e José Martínez.