Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Ames
  • Xeral

Campaña a favor dun mellor transporte metropolitano

O BNG de Ames levará a petición ao Parlamento de Galicia e impulsará unha recollida de sinaturas

ames transporte metroolitano NORMAL 24 marzo 2025

Bisbarra, 11/03/2026 – As veces deixamos de falar dun problema e da a sensación de que xa se solucionou cando a realidade e que nos acostumamos a vivir con el. Isto sucede co transporte metropolitano que segue xerando queixas aínda que non saia tanto nos medios.

O BNG vén de poñer en marcha unha campaña con entrega de información sobre esta situación e recollida de sinaturas para pedir que a Xunta de Galicia solucione os graves problemas de transporte público que diariamente sofren as persoas usuarias.

Saleta Chao, deputada do Parlamento de Galicia, achegouse á localidade de Ames para apoiar as demandas do Grupo Municipal do BNG no referente ao transporte metropolitano e trasladalas ao Parlamento.

A voceira nacionalista en Ames, Escarlata Pampín, explica que “A conexión entre os dous núcleos urbanos de Ames: O Milladoiro e Bertamiráns é  desastrosa, nas rutas dos autobuses interurbanos O Milladoiro-Santiago de Compostela e Bertamiráns-Santiago de Compostela a situación é insostible: numerosas persoas non poden subir aos autobuses en horas punta porque van cheos,  faltan frecuencias horarias e os atrasos son continuos”.

A formación nacionalista leva anos reclamando que se mellore o servizo de transporte metropolitano, unha exixencia que mesmo chegou ao Parlamento Europeo da man da eurodeputada  do BNG Ana Miranda. Na súa visita, Saleta Chao puido constatar o que está a acontecer en Ames, “ non hai unha conexión adecuada entre os núcleos urbanos de Ames: Bertamiráns e O

Milladoiro debido a falta de frecuencias”.

No caso dos autobuses interurbanos, a situación vese agravada no Milladoiro pola cantidade de estudantes que neste novo curso escolar escolleron este núcleo como residencia. Ademais, prodúcese un incumprimento dos horarios nocturnos publicados en bus.gal que conectan o concello con Santiago, o que supón, que en moitas ocasións, a mocidade quede tirada nas paradas.

Problemática do rural

NO caso do rural de Ames, tal e como está deseñado o transporte público, hai unha clara discriminación por orixe, os mozos e mozas das zonas rurais non teñen as mesmas posibilidades que os que viven nas cidades ou vilas máis grandes. Isto tradúcese, por exemplo, na dificultade para acceder á ensinanza superior ó non existir transporte escolar para esa etapa educativa.

“Hai unha necesidade de deseñar mellor os percorridos atendendo á realidade de Ames. Estanse a incumprir de xeito sistemático as liñas e as paradas e desta maneira ocasionando un grave prexuízo para os veciños e as veciñas. Persisten as impuntualidades, os atrasos inxustificados, non hai autobuses dabondo e, en moitos casos, non pasan nas horas previstas” denuncia Escarlata Pampín.  A concelleira engade que “Ademais as prazas nos mesmos son insuficientes e o estado de mantemento dalgún dos autobuses é calamitoso. A todo isto, pódeselle sumar a falta de información concreta nas paradas en canto a percorridos e horarios”.

“O BNG exixirá unha vez máis no parlamento galego liñas suficientes e estables, horarios útiles para estudar, traballar e vivir e un transporte digno no rural” anuncia Saleta Chao, “porque o transporte público é un dereito, non un luxo”, conclúe.

Post navigation

Previous: Revisan a pasarela do paseo marítimo de Noia
Next: Compostela ponse de uñas

Máis novas

compostela feiito a man 4 agosto 2026
4 minutes read
  • Axenda

Comeza o XXIII edición do Feito a Man

compostela festival c 4 agosto 2026
3 minutes read
  • Axenda

O Festival C enche Compostela

TOURO VEST VERA 1 AGOSTO 2026
2 minutes read
  • Xeral

Noites no Ulla, a edición de verán de Ulla Fest

Ponte de San Lázaro Noia
2 minutes read
  • Xeral

Noia renovará a ponte peonil de San Lázaro

compostela centro mercadprias 31 xullo 2026
6 minutes read
  • Compostela

Nova etapa en Compostela na distribución de mercadorías

frades pleno xullo 31 xullo 2026
4 minutes read
  • Frades

Frades destina 95.000 euros de fondos propios a mellora de pistas

teo pleno extraordinario sobre o concello slide 1 setembro 2025.jpeg
3 minutes read
  • Teo

Teo aproba definitivamente os cambios no PXOM

compostela demandantes de vivenda 24 outubro 2018_slide
8 minutes read
  • Xeral

Compostela xa é unha zona de mercado residencial tensionado

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2787) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1430) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (816) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2682) sindicatos (109) Social (561) sucesos (130) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (694) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.