Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

PUBLI bng 25 XULLO
Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Compostela
  • Xeral

Camino Noia. Cornamusa de Honra do Festival Atlántica

Atlántica concede o seu premio a Camino Noia por ser unha das grandes figuras da cultura galega contemporánea

A profesora Camino NOia recibe o premio Cornamusa do Fetival Atlántica

Compostela, 06/07/2026 – O Festival Atlántica de Narración Oral concede o seu premio Cornamusa a Camino Noia, nada en Compostela e profesora emérita da Universidade de Vigo.

Atlántica considera a Camino Noia como unha das grandes figuras da cultura galega contemporánea, pioneira na normalización académica da lingua galega, desenvolveu unha intensa traxectoria como investigadora, crítica literaria e estudosa da tradición oral.

Camino formou parte da xeración que impulsou a renovación cultural do país e participou, xunto con outros mozos galeguistas, nos primeiros pasos do proxecto que daría lugar á editorial Xeráis.

Ao longo da súa carreira, dedicou unha atención especial aos contos transmitidos de boca en boca, converténdose nunha das principais especialistas na narrativa oral galega. Atlántica lembra que obras como “Contos galegos de tradición oral” ou o monumental “Catálogo tipolóxico do conto galego de tradición oral” son hoxe referencias imprescindibles para coñecer a riqueza do noso patrimonio inmaterial.

Co rigor da investigadora e a curiosidade de quen sabe escoitar, Camiño Noia puxo en diálogo os relatos galegos cos doutras culturas e demostrou que as historias que nacen arredor dunha lareira forman parte dun inmenso mapa compartido pola humanidade.

Grazas ao seu traballo, moitos contos que parecían destinados ao esquecemento atoparon memoria e acubillo. Os seus libros permitiron preservar voces, personaxes e imaxinarios que seguen vivos e continúan viaxando de boca en boca, buscando sempre novas formas de ser contados.

Por esa dedicación exemplar á lingua, á literatura e á tradición oral, o Festival Atlántica entrégalle a súa Cornamusa de Honra, como recoñecemento a unha vida consagrada á salvagarda dun patrimonio que nos nomea e nos explica. Porque nas historias que herdamos e compartimos habita tamén a memoria do país e unha parte esencial da nosa identidade.

Post navigation

Previous: Das galerías do Berberecho a Museo de Arte Urbano
Next: Curtocircuíto clausura a súa 23ª edición

Máis novas

Imaxe aérea de Bertamiráns, imaxe de Google Maps
2 minutes read
  • Ames

Alertan da inseguridade en Bertamiráns, Ames

O desenvolvemento de novos fármacos é un proceso longo e complexo. A galega Celtarys, radicada en Compostela, ven de presentar unha tecnoloxía que reduciría o tempo necesario, substituíndo sustancias radioactivas por solucións máis accesibles, sustentables e utilizables en calquera laboratorio.
4 minutes read
  • Xeral

A galega Celtarys desenvolve unha nova tecnoloxía para a validación de fármacos sen radiación

Cartel do festival Lanzadeira 2026
4 minutes read
  • Axenda

Maneiro artista invitado este sábado no Festival Lanzadeira

Un dos traballos de mellora realizados en pistas de Frades
2 minutes read
  • Frades

Frades acomete un intenso programa de bacheo nas distintas parroquias

Imaxe do pleno de Ames sobre o mercado de abastos
4 minutes read
  • Xeral

O mercado de abastos de Ames dependerá dunha subvención de 2 millóns de euros

Lugar de Agromaior no concello de Teo
2 minutes read
  • Xeral

Teo licita o acondicionamento do viario municipal en Agromaior

Cartel da andaina por parellas de Rois
3 minutes read
  • Axenda

A XVIII Andaina por Parellas de Rois aprázase a setembro

imaxe do proxecto da mina de Touro
4 minutes read
  • Xeral

Alertan no Parlamento dos perigos da reapertura da mina de Touro

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2082) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2771) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (612) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1429) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1617) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (811) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (728) Politica (942) saúde (528) Servizos (2672) sindicatos (109) Social (551) sucesos (129) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (692) Turismo (222) Universidade (580) urbanismo (260) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.