Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Xeral

A Cámara de Comercio fomentará o uso das novas tecnoloxías

Camara de Comercio programa tic 20170504_192122 slide 7 maio 2017_r

Compostela, 7 de maio do 2017 –  A Cámara de Comercio, Industria, Servizos e Navegación de Santiago de Compostela inicia o programa TIC Cámaras cunha nova convocatoria de axudas para pemes e autónomos. O programa aporta solucións que mellorarán a competitividade das empresas a través da incorporación de novas tecnoloxías.

O programa incentivará que as empresas incorporen ferramentas de produtividade na nube, como ERP, CRM (sistema de xestión de clientes), TPV, loT, Big Data, realidade virtual, mellora tecnolóxica para o comercio electrónico creando ou actualizando web, tenda online, pasarela de pagos, facturación electrónica ou firma dixital, ou adquirindo coñecementos de marketing dixital en canto ao posicionamento web, email marketing, social media ou aplicacións móbiles.

Este servizo ofrece un diagnóstico gratuíto onde os técnicos camerais analizan o nivel de aproveitamento das tecnoloxías no negocio e recomendan diferentes opcións de mellora. Outra posibilidade do programa é a implantación dun plan de desenvolvemento tecnolóxico, subvencionado ata un 80% polo Fondo Europeo de Desarrollo Regional (FEDER) da Unión Europea para investimentos dun máximo de 7.000 euros, e o 20% adicional estará financiado pola Cámara de Comercio e as propias empresas beneficiarias. O empresario poderá elixir o provedor que se encargará do proxecto e a Cámara de Comercio tramitará a axuda. O prazo de presentación de solicitudes abrirase a partir do vindeiro 12 de maio e pecharase o 31 de outubro de 2017.

Máis información e convocatoria: www.camaracompostela.com/ https://sede.camara.es/sede/santiago-compostela

Post navigation

Previous: Estudantes de Boqueixón informarán da importancia de separar residuos no fogar
Next: O grupo municipal Veciñ@s de Boqueixón demanda a creación dunha bolsa de vivendas sociais

Máis novas

bisbarra eleccions e lista 14 outubro 2026
4 minutes read
  • Xeral

Municipais 2027: tambores de eleccións, os partidos moven fichas

frades oroso obra enlace 14 outubro 2026 (3)
3 minutes read
  • Xeral

Frades e Oroso arranxan a estrada de O Fontelo a A Igrexa

no adscritas sabugueir labacollla 9 de outubro do 2026
6 minutes read
  • Xeral

Críticas ao PIA de Sabugueira, en Compostela

composyela transitos fest 9 outubro 2026
4 minutes read
  • Xeral

Tránsitos Fest

USC LEGO SERIOUS PLAT 8 DE OUTUBRO DO 2026 (1)
2 minutes read
  • Xeral

Emprender xogando con Lego e a USC

AMES CONTRATO DE MANTEMENTO DE LUMINARIAS 8 DE OUTURBRO DO 2026
4 minutes read
  • Xeral

Ames presenta o novo servizo de mantemento do alumeado público

compostela reapertura museo de maxia 18 novembro 2025 (1)
3 minutes read
  • Xeral

O Museo da Maxia de Galicia crea unha Escola de Maxia 

brion orzamento 07 outubro 20026
3 minutes read
  • Brión

Brión quere aprobar hoxe o orzamento máis alto da súa historia

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (665) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2818) Curtocircuito (40) Deportes (750) Economía (450) Educación (777) eleccions (49) Emprego (244) Entroido (42) Festas e Feiras (622) Festivais (837) Galego (146) Institucións (1439) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1622) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (824) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (736) Politica (950) saúde (533) Servizos (2699) sindicatos (109) Social (563) sucesos (133) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (703) Turismo (223) Universidade (586) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.