Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

PUBLI bng 25 XULLO
Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Compostela

O Café da Memoria do Museo do Pobo Galego fala da música de traballo das mulleres do mar

museo-do-pobo-cafe-da-memoria-mulleres-do-mar-slide-20-novembro-2018_r

Table of Contents

Toggle
  • Compostela, 20 de novembro do 2018 – Xurxo Souto abordará no Café da Memoria, que organiza o Museo do Pobo Galego,  as músicas de traballo das mulleres do mar.
    • Dez anos do Café da Memoria

Compostela, 20 de novembro do 2018 – Xurxo Souto abordará no Café da Memoria, que organiza o Museo do Pobo Galego,  as músicas de traballo das mulleres do mar.

Este Café da Memoria terá lugar o xoves 22 de novembro ás 20.00h no Auditorio do Museo. A actividade está promovida polo Departamento de Educación e Acción Cultural do Museo do Pobo e cumpre dez anos de reunións.

O músico e investigador Xurxo Souto presentará por primeira vez o proxecto de recuperación de cantigas de traballo das mulleres do mar. A continuación terá lugar un encontro con traballadoras da conserva de Camariñas e Cangas que protagonizan a actividade. O traballo de investigación de Souto, que realizou nas zonas do Grove, Bueu, Arousa ou Cangas (entre outras), recolle cantos que se empregaban como ferramenta colectiva de distracción pero tamén como reflexo e crítica das condicións sociais e laborais do traballo das operarias das conserveiras. No acto participará a Cooperativa CantarElas, que poñerá voz a algunha destas pezas recuperadas por Souto.

Dez anos do Café da Memoria

O Café da Memoria é unha actividade promovida polo Departamento de Educación e Acción Cultural do Museo do Pobo Galego. A fin destes encontros, que se levan organizando dende o ano 2008, é coñecer e rexistrar a memoria da sociedade galega a través das historias persoais e rexistrar a riqueza e variedade da nosa expresión oral (a propia lingua, as coplas, a música e, por suposto, a xestualidade).

Esta actividade procura achegar coñecemento e difundir os procesos sociohistóricos recentes que afectaron á sociedade galega, nomeadamente ás mulleres. Deste xeito, o Café da Memoria deu a palabra a diferentes colectivos e situou o foco de atención no papel da muller como portadora de coñecemento.

Os primeiros cafés que inauguraron o proxecto centráronse no lecer feminino durante a posguerra no ámbito urbano e no rural. Máis tarde viñeron conversas centradas na maternidade, nas festas, nas mestras, nas costureiras, nas gandeiras, nas mulleres que fixeron parte de formacións musicais, as que retornaran da emigración ou sobre aquelas que traballaron no servizo doméstico.

Post navigation

Previous: A USC presenta Terra e Memoria, un fondo único coa memoria oral do século XX
Next: Pepe Vaamonde Grupo, Davide Salvado e Sumrrá na semana das Crechas

Máis novas

compostela programación apostolo 15 xullo 2026
12 minutes read
  • Axenda

Que e quen no Apóstolo 2026

Sindo Guinarte e Marta Aball, concelleiros socialistas que piden a modificación da ordenanza de convivencia
2 minutes read
  • Xeral

Piden a actualización da ordenanza de convivencia de Santiago

Monmento en que asinan o acordo s deputada de Cultura da Deputación da Coruña, Natividade González; a deputada de Cultura da Deputación de Lugo, Iria Castro; e a presidenta do Consello da Cultura Galega, Dolores Vilavedra.
3 minutes read
  • Compostela

Escola, cultura e territorio

Cartel do evento Sabor a novo que se celebrará o Pazo de San Lourenzo
5 minutes read
  • Axenda

Sabor a novo no Pazo de San Lourenzo

compostela vista posterior pazo raxoi imaxe google maps
3 minutes read
  • Compostela

Compostela recepcionará as obras do Pazo de Raxoi

granell slide
2 minutes read
  • Axenda

Alejandra Pombo presenta na Granell “o que me mira rodeándome”

Imaxen de arquivo do pregón nas Festas do Apóstolo
4 minutes read
  • Compostela

As Festas do Apóstolo recuperan as proxeccións no Obradoiro

Imaxe das empresas que conseguiron o certificado sicted e Compostela
3 minutes read
  • Compostela

A Deputación entrega as certificacións SICTED en Compostela

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2082) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2770) Curtocircuito (40) Deportes (748) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (612) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1429) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1617) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (811) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (727) Politica (942) saúde (527) Servizos (2670) sindicatos (109) Social (550) sucesos (128) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (690) Turismo (222) Universidade (579) urbanismo (260) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.