Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Ames
  • Xeral

CACTEC  abre un centro no Milladoiro especializado en sistemas aéreos non tripulados

O centro é o cuarto que CACTEC abre en España e un dos poucos a nivel europeo especializado en este tipo de tecnoloxías

Imaxe da inauguración de CACTEC no Milladoiro, Ames

Ames, 15/04/2026 –  O polígono do Milladoiro, en Ames, hai tempo que é unha referencia en empresas de novas tecnoloxías e audiovisual. A ese ecosistema súmase agora a empresa CACTEC.

A inauguración do novo centro de CACTEC contou coa presenza da conselleira de Economía e Industria dá Xunta de Galicia, María Jesús Lorenzana, Este centro tecnolóxico está enfocado no ámbito dos dróns e sistemas aéreos non tripulados (UAS) autónomos para a súa aplicación en diferentes sectores do campo civil e de defensa.

Xunto á conselleira participaron na visita o secretario xeral de Industria e Desenvolvemento Enerxético, Nicolás Vázquez; o subdelegado do Goberno na Coruña, Xullo E. Abalde; o alcalde de Ames, José Blas García; e o CEO de CATEC, Joaquín Rodríguez, entre outras autoridades e responsables de institucións e empresas convidadas.

Esta sede en Galicia púxose en marcha no ano 2022 como resultado do número crecente de proxectos desenvolvidos por CATEC na rexión desde 2015 a 2021. O obxectivo é proporcionar un servizo máis próximo aos clientes, socios e colaboradores no desenvolvemento de solucións ligadas aos sistemas, a aeronáutica, o espazo e a defensa, así como en proxectos de I+D e desenvolvementos tecnolóxicos nestas áreas.

CATEC Galicia conta cun equipo de 11 enxeñeiros altamente cualificados que se atopa plenamente integrados nas unidades tecnolóxicas de CATEC. Están especializados en algoritmos de navegación sen GNSS, sistemas de percepción semántico para UAS, sistemas de carga de pago avanzados con procesamento embarcado, algoritmos de planificación automáticos de traxectorias en tempo real, e xestión de permisos de voo para operacións complexas con este tipo de aeronaves non tripuladas.

Outra das áreas nas que traballan son as orientadas á defensa, en sistemas de selección e clasificación de obxectivos, guiado final, navegación en contornas con GPS denegado e de comunicacións en contornas de comunicacións degradadas.

Durante a súa visita ás instalacións, a conselleira de Economía e Industria dá Xunta de Galicia, María Jesús Lorenzana, destacou que a aposta que está a facer CATEC por Galicia é unha mostra do potencial que actualmente teñen estes sectores na comunidade. A conselleira puxo en valor que CATEC leva anos traballando vinculado ao Parque Empresarial de Rozas (Castro de Rei), en proxectos tractores promovidos alí, entre outros, por grandes firmas do sector como Telespazio, Avincis, Airbus, Aertec-Tecnobit e Indra.

Lorenzana dixo que “desde o ano 2015 en que comezamos os traballos en Rozas do que foi a CUI (Civil UAVs Inititive), que agora evolucionou á actual Estratexia de Defensa, Seguridade e Aeroespacio, foi un centro tecnolóxico importante colaborador e socio con outras empresas galegas que están a facer agora traballos, servizos e tecnoloxía de primeira orde a nivel internacional”.

Pola súa banda, o CEO de CATEC, Joaquín Rodríguez Grau, subliñou que “grazas ao apoio á industria aeronáutica, espacial e de defensa por parte da Xunta de Galicia de forma estable e consistente no tempo desde 2015, desenvolvemos grandes proxectos coas grandes empresas tractoras nacionais en Galicia, como Indra, Airbus, Babcok, Telespazio e participamos en propostas retadoras coas Universidades de Vigo e A Coruña e con empresas galegas como Sixtema, Aeromedia, 4Dixital, Vigsec-Dron e 3Data, que suporán o futuro en tecnoloxías de drones e non tripuladas para aplicacións civís e de defensa en Galicia”.

Rodríguez Grau engadiu que “en CATEC vemos o noso futuro na rexión ligado a colaboracións con empresas tractoras, universidades e a empresa local orientadas a solucións duais, no marco civil, para a monitorización ambiental, e na defensa, orientadas ao escenario de operacións, con solucións como a navegación en contornas GPS-denegado e telecomunicacións degradadas, autonomía operacional, voo en enxame de dróns e seguimento automático de obxectivos, así como detección e neutralización de ameazas”.

Proxectos con empresas e universidades galegas

Nestes máis de tres anos de actividade en Galicia, CATEC desenvolveu proxectos de I+D con máis de 10 empresas na rexión, e levou a cabo un proxecto de investigación en colaboración coas Universidades de Vigo (sede de Ourense) e da Coruña (campus de Ferrol).

CATEC conta con acordos para estudantes en prácticas co tres universidades galegas, con varios alumnos en prácticas todos os anos, especialmente das ramas de enxeñaría. As instalacións en Ames dispoñen de máis de 200 m² de oficinas e áreas de traballo que se esperan ampliar nos próximos anos coa creación de laboratorios e unha sala de traballo específica para proxectos de Defensa.

A medio prazo, os próximos cinco anos, CATEC espera unha importante taxa de crecemento na comunidade galega co fin de duplicar a facturación e o seu persoal de enxeñeiros e técnicos cualificados.

O noso centro tecnolóxico ten como obxectivo especializar esta sede no  desenvolvemento de tecnoloxías duais con aplicación en seguridade e defensa, tanto a nivel de UAS como do sector espacial.

Post navigation

Previous: A Baña celebra unha nova edición dos Maios
Next: 14º Día das Rapazas nas TIC

Máis novas

compostela feiito a man 4 agosto 2026
4 minutes read
  • Axenda

Comeza o XXIII edición do Feito a Man

compostela festival c 4 agosto 2026
3 minutes read
  • Axenda

O Festival C enche Compostela

TOURO VEST VERA 1 AGOSTO 2026
2 minutes read
  • Xeral

Noites no Ulla, a edición de verán de Ulla Fest

Ponte de San Lázaro Noia
2 minutes read
  • Xeral

Noia renovará a ponte peonil de San Lázaro

compostela centro mercadprias 31 xullo 2026
6 minutes read
  • Compostela

Nova etapa en Compostela na distribución de mercadorías

frades pleno xullo 31 xullo 2026
4 minutes read
  • Frades

Frades destina 95.000 euros de fondos propios a mellora de pistas

teo pleno extraordinario sobre o concello slide 1 setembro 2025.jpeg
3 minutes read
  • Teo

Teo aproba definitivamente os cambios no PXOM

compostela demandantes de vivenda 24 outubro 2018_slide
8 minutes read
  • Xeral

Compostela xa é unha zona de mercado residencial tensionado

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2787) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1430) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (816) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2682) sindicatos (109) Social (561) sucesos (130) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (694) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.