Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Compostela
  • Xeral

Os Reis Mago chegan á bisbarra

reis magos parlamento slide

Bisbarra, 4 de xaneiro do 2025 – As previsións dun domingo complicado no que se refire á meteoroloxía fixo mudar algunhas cabalgatas de reis magos pero noutras, ao ser en interior, mantéñense.

Recepción dos Reis Magos á cativada no pavillón polideportivo do Souto, Padrón 2022

Non están todos os concellos pero si unha pequena representación da bisbarra. Comezamos por aquelas que habitualmente atraen máis xente como as de Ames e Compostela. Os dous concellos tiveron que facer cambios nas súas previsións de cara á visita dos Reis Magos.

A de Compostela mudou a data para hoxe sábado. Sairán ás cinco e media da Praza da Merced de Conxo e a previsión é chegar ao Obradoiro sobre as sete da tarde. Ali falarán aos nenos desde o balcón e despois haberá unha recepción nos salons de Raxoi.

O concello de Ames decidiu manter a data pero suspender as cabalgatas. Mantéñense as festas previstas nos pavillóns polideportivos. No Milladoiro a festa será de cinco a sete da tarde mentres que no de Bertamiráns será de 7 a nove da noite.

Recepción en Santiago no 2021

Frades

O Concello de Frades anuncia a suspensión da cabalgata dos Reis Magos prevista para a tarde do domingo. Mantense a festa no polideportivo de Ponte Carreira e adiantase media hora.

A festa comezará ás catro e media e rematará ás oito e media da tarde.

 No polideportivo terá lugar a tradicional recepción a Melchor, Gaspar e Baltasar, que escoitarán as últimas peticións da rapazada e repartirán lambonadas.

Lousame

O Concello de Lousame organiza dúas citas o domingo cos Reis Magos. Na primeira haberá unha recepción e pola tarde xa unha festa. Son actividades de acceso libre pero é preciso reservar entrada a través de www.bandoticket.com .

Cabalgata de Ordes 2019

A primeira cita terá lugar de 10:30 a 13:30 horas na Casa da Cultura de Lousame. Finalmente, de 17:00 a 19:30 horas, o polideportivo municipal Pilar Barreiro Senra acollerá o tradicional Festival de Reis con xogos, inchables, obradoiros… e un chocolate con churros para os máis de 300 nenos e nenas inscritos.

Dodro

Os Reis Magos chegará ao Pavillón Polideportivo Municipal de Dodro o domingo a partir das cinco e media da tarde.

Unha recepción na que non faltarán agasallos, música, inchables e chocolate para todos e ma que os cativos poderán pedirlle aos Reis Magos todo o que desexan.

Rois

Os Reis Magos visitarán todas as parroquias de Rois o vindeiro domingo. Poñerase en marcha ao redor das 10.30 horas para facer unha primeira parada no campo da festa de Rois ás 10.45 horas. A xornada continuará con paradas en Buxán (11.30 horas), Leroño (12.00 horas), Augasantas (12.30 horas), Ermedelo (15.00 horas), Urdilde (15.45 horas), Costa (16.30 horas), Herbog (17.15), Seira (17.45 horas), Sorribas (18.15 horas), Ribasar (18.45 horas) e Oín (19.30 horas).

Unha vez rematado o itinerario, farán a tradicional ofrenda ao Neno Xesús na igrexa de Oín e serán recibidos pola corporación local no pavillón municipal de Rois.

Cabalgata en Teo 2021

A comitiva das Súas Maxestades de Oriente, logo da ofrenda dirixiranse ao pavillón de Rois, onde serán recibidos ás oito da tarde pola corporación municipal e repartirán agasallos entre toda a rapazada. As portas do polideportivo abrirán previamente, ás 18.30 horas, para entreter a espera con música, xogos e obradoiros.

Brión

Os Reis Magos visitarán Brión o domingo, nun autobús de época que percorrerá as distintas parroquias entre as 10:15 e as 20:15 horas.

As recepcións terán lugar a cuberto, ben nos locais sociais, ben nos teleclubs, debido ás previsións de choiva e vento.

 10:15 h. Local Social de CORNANDA:  10:45 h. Local Escola da LUAÑA;  11:30 h. Teleclub de VICESO;  12:30 h. Teleclub de ONS;  13:15 h. Parada do transporte escolar de Tembra – BOULLÓN;  16:30 h. Adro da Igrexa de BASTAVALES;  17:30 h. Local Social de SAN SALVADOR  18:00 h. Campo de San Ramón – O TREMO;  19:00 h. Adro da Igrexa dos ÁNXELES  20:00 h. Contorna da carballeira de Santa Minia – BRIÓN

En cada parroquia a rapazada poderá falar durante uns minutos cos Reis Magos, entregarlles as súas cartas e pedirlles os seus agasallos.

A Baña

O Concello da Baña ten todo preparado para dar a benvida ás Súas Maxestades de Oriente este domingo no pavillón de San Vicenzo.

Os Reis Magos chegarán sobre as cinco da tarde. Alí recibirán a cada neno e entregaránlle un agasallo. Todas as persoas asistentes no pavillón de San Vicenzo poderán desfrutar dende as 18:00 horas dunha chocolatada quente acompañada de rosca.

A festa rematará ás 18:45 horas cun espectáculo visual ofrecido polos Fabulosos Cleaners, unha proposta artística a cargo de Malasombra Producións que incluirá impresionantes pompas de xabón, pensada para entreter e sorprender ao público.

Arzúa

A esperada Cabalgata celebrarase o domingo en Arzúa. Os Reis Magos e a súa comitiva chegarán a Arzúa ás 16:30 h. da tarde para comezar facendo unha visita ás persoas maiores da Residencia San Xosé.

Unha hora máis tarde, as 17:30 h., se o tempo o permite, comezará o desfile que contará con tres carrozas para os Reis e os seus paxes. Ademais, a comitiva estará acompañada por un grupo de animación e por paxes a cabalo en colaboración coa Asociación O Estribo que conducirán o percorrido ata rematar no Multiusos Terra do Queixo coa recepción e o reparto de agasallos.

O percorrido marcado polo Departamento de Cultura para a Cabalgata sairá dende a Casa da Cultura e pasará polas seguintes rúas: Santiago, Praza de Galiza, Avenida de Lugo, Fraga do Rei, Ramón Franco, Xosé Neira Vilas, Praza de San Xoán e regresará pasando de novo polas rúas Xosé Neira Vilas e Ramón Franco para dirixirse ao Multiusos Terra do Queixo pola Padre Pardo.

En caso de mal tempo, o percorrido polas rúas quedará cancelado e as Súas Maxestades recibirán a todas as nenas e nenos no Multiusos a partir das cinco e media.

Boqueixón

Os Reis Magos chegarán ata Boqueixón e visitarán o Polideportivo do Forte. Será o domingo desde as 17:00 a 21:00 horas. Unha gran festa na que Melchor, Gaspar e Baltasar estarán acompañados por outros dous eventos: o tradicional Boqueixogo e unha nova visita do foodtruck da campaña “Galicia sabe amar”. Tres eventos de acceso libre e de balde, sen necesidade de inscrición previa.

A festa dará comezo ás cinco da tarde cunha nova edición do Boqueixogo, que incluirá inchables variados e unha gran chocolatada. A media tarde, os Reis Magos farán a súa entrada no pavillón, onde serán recibidos pola corporación municipal, encabezada polo alcalde, Ovidio Rodeiro.

Imaxe de arquivo dunha cabalgata en Ames no 2017

Melchor, Gaspar e Baltasar atenderán a todos os nenos e nenas que o desexen e, unha vez rematada a recepción, procederase ao sorteo de agasallos entre toda a rapazada presente. Uns agasallos do Concello en colaboración con SBC Gasolineras.

O Pino

O Concello do Pino acollerá unha das xornadas máis esperadas do Nadal coa tradicional visita dos Reis Magos. Melchor, Gaspar e Baltasar percorrerán as parroquias do municipio, enchendo de ilusión e maxia todos os recunchos antes de culminar o día cunha recepción oficial no polideportivo municipal de Reboredo.

O percorrido das Súas Maxestades dará comezo ás 10:45 horas no campo de festas de Pereira e continuará por Santiso (Castrofeito), Gonzar, Medín, Pastor, San Breixo e o resto das parroquias do municipio. Este amplo itinerario está pensado para que nenos e nenas de todas as parroquias poidan achegarse a saudar aos Reis, conversar con eles e entregarlles as súas cartas. O percorrido rematará ás 18:30 horas no campo de festas de Cebreiro, asegurando que toda a veciñanza teña a oportunidade de participar.

A partir das 19:30 horas, a atención trasladarase ao polideportivo municipal de Reboredo, onde terá lugar a recepción oficial. Este acto contará cunha completa programación que inclúe música en directo, animación, inchables para os máis pequenos e a entrega de premios do Concurso de Postais e do I Concurso de Decoración do Nadal.

Ademais, todas as persoas asistentes poderán gozar dun ambiente acolledor con chocolate quente, churros e roscón, que se ofrecerán de forma gratuíta para celebrar a ocasión.

Padrón

Se o tempo o permite, o Concello de Padrón celebrará este domingo a recepción aos Reis Magos. A tradicional Cabalgata de Reis dará comezo na avenida de Compostela ás 17:00 horas e percorrerá lugares icónicos como As Lágrimas e o paseo do Espolón.

Un dos actos centrais será a parada na igrexa de Santiago, onde as Súas Maxestades visitarán o tradicional Belén vivinte e participarán nunha solemne ofrenda ao neno Xesús.

A continuación, Melchor, Gaspar e Baltasar serán recibidos oficialmente polo alcalde de Padrón, Anxo Arca, e pola Corporación Municipal no Concello. Tras esta benvida institucional, a xornada trasladarase ao polideportivo do Souto, onde os Reis atenderán as peticións e desexos da cativada.

Desde o Concello de Padrón infórmase de que se está a seguir de preto a evolución das previsións meteorolóxicas para garantir a seguridade e o desfrute de toda a veciñanza.

En caso de condicións adversas, a Cabalgata adaptarase, realizando un percorrido máis curto que inclúe unicamente a visita á igrexa de Santiago, entre as 17:00 e as 18:00 horas, e o encontro cos nenos e nenas no polideportivo do Souto, a partir das 18:00 horas, onde haberá animación e troula para todas as persoas que asistan.

Post navigation

Previous: Compostela quere reunificar a administración
Next: As alvarizas do Deza e o Candán

Máis novas

compostela feiito a man 4 agosto 2026
4 minutes read
  • Axenda

Comeza o XXIII edición do Feito a Man

compostela festival c 4 agosto 2026
3 minutes read
  • Axenda

O Festival C enche Compostela

TOURO VEST VERA 1 AGOSTO 2026
2 minutes read
  • Xeral

Noites no Ulla, a edición de verán de Ulla Fest

Ponte de San Lázaro Noia
2 minutes read
  • Xeral

Noia renovará a ponte peonil de San Lázaro

compostela centro mercadprias 31 xullo 2026
6 minutes read
  • Compostela

Nova etapa en Compostela na distribución de mercadorías

frades pleno xullo 31 xullo 2026
4 minutes read
  • Frades

Frades destina 95.000 euros de fondos propios a mellora de pistas

teo pleno extraordinario sobre o concello slide 1 setembro 2025.jpeg
3 minutes read
  • Teo

Teo aproba definitivamente os cambios no PXOM

compostela demandantes de vivenda 24 outubro 2018_slide
8 minutes read
  • Xeral

Compostela xa é unha zona de mercado residencial tensionado

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2787) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1430) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (816) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2682) sindicatos (109) Social (561) sucesos (130) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (694) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.