займ срочно

Setecentos nenos xogarán aos peóns este venres en Brión

0

Bisbarra, 10 de novembro do 2022 – A Carballeira de Santa Minia en Brión acolle este venres, ás 12:00 horas, o acto central do XVI Día do Peóns.

Esta xornada esta organizada por Brinquedia, a Rede Galega do Xogo Tradicional. O lema utilizado será “Polo San Martiño, peóns ao camiño” e reunirá a preto de 700 rapaces e rapazas das escolas infantís dos Ánxeles e Sabaxáns, do CEIP de Pedrouzos e do IES Brión para facer un lanzamento colectivo de peóns e bailaretes.

O acto tamén contará cunha exhibición dun artesán torneiro e un magosto. O Manifesto  do Día do Peón será lido por Lucho Penabade Outeiro, veciño de Brión e coñecido actor, director, guionista e membro do grupo de teatro “Os Quinquilláns”. Un acto no que estará acompañado polo alcalde de Brión, Pablo Lago, e pola concelleira de Cultura, Sandy Cebral.

Esta iniciativa busca normalizar o patrimonio lúdico na sociedade e, en particular, as buxainas entre a rapazada. Como en anteriores edicións, Brinquedia convida aos centros educativos, asociacións e persoas a que se fagan cun peón e o poñan a bailar conxuntamente este venres nun espazo público, subindo fotos ás redes sociais coa etiqueta #DíaDoPeón2022.

O Día do Peón chega este ano a Brión despois de pasar en edicións anteriores por municipios como Santiago, Ferrol, Melide, Carnota, Outes, Noia, Ourense, Manzaneda ou Pontevedra. A convocatoria volve a traspasar fronteiras galegas ata Euskadi, concretamente á Ikastola Alkartu de Barakaldo co XIV ziba eguna.

Entre as actividades a realizar destacan a visita de Marco Palma, profesional do trompo mexicano que ofrecerá exhibicións toda esta semana en diferentes espazos; e a cita co Centro Galego Bizkaia cun magosto. Ademais, este ano, a iniciativa do profesor e experto en xogos tradicionais Joseba González Porras pretende recadar fondos para a Cuadri del Hospi, asociación benéfica que axuda á investigación e benestar das familias de menores con cancro.

Entre as próximas accións de Brinquedia a realizar para normalizar o patrimonio lúdico atópase a solicitude á Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades de incluír o 11 de novembro como Día do Peón entre as conmemoracións do calendario escolar do curso 2023/24.

Brinquedia naceu o 27 de marzo de 2005 logo da Asemblea Fundacional realizada na Casa da Cultura de Riotorto (Lugo) para promover o xogo tradicional galego. Está formada por persoas físicas e xurídicas con interese no patrimonio lúdico.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies