займ срочно

Pleno unánime en Brión

0

Bisbarra, 22 de decembro do 2022 – O concello de Brión celebrou o pleno ordinario do mes de decembro no que todos os puntos foron aprobados por unanimidade.

O último pleno do ano non só recibiu o apoio de todos os grupos en todos os puntos se non que ademais non tivo intervencións. En primeiro lugar aprobouse un recoñecemento extraxudicial de crédito de 8.922,44 euros para o pago de facturas por servizos prestados no 2021 pero que foron presentadas neste 2022.

De xeito definitivo aprobouse a permuta dunha superficie de 421 metros cadrados dun camiño público na Chamiseira (A Pedreira) por outra zona para evitar así que o camiño atravesara unha finca particular; e declaráronse como efectos non utilizables dous camións e un tractor rozadora da brigada municipal de obras que, tanto pola súa antigüidade como polo seu estado, non eran utilizados dende hai tempo. Hoxe aprobouse a súa venda.

Finalmente, o pleno aprobou as altas e baixas no inventario municipal e tomou conta do período medio de pago do terceiro trimestre de 2022, que foi de 22,66 días. Unha cifra que confirma o anunciado polo secretario municipal no pleno do pasado mes de outubro: que os 55,06 días rexistrados no PMP do segundo trimestre do ano se xustificaban pola contabilización do pago dunhas obras moi importantes como as do Camiño de Amañecida á Graña. De feito, hoxe confirmouse que, unha vez contabilizado este investimento, o PMP do terceiro trimestre de 2022x  baixara máis da metade con respecto ao seu predecesor.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies