Bisbarra, 19 de agosto do 2022 – O taller de cerámica de Nano Unzueta, situado no concello de Brión, acolleu a volta á actividade dos obradoiros denominados Planeta Barro.
Estes encontros desenvólvense desde hai nove anos aínda que a pandemia obrigou a un parón de dous anos, como en outras moitas actividades. Agora Brión foi o lugar elixido para retomar a actividade en torno á cerámica.

Unzueta leva máis de 42 anos exercendo de artesán desde que a finais dos setenta comezara a formarse no seu Eibar natal. Abriu o seu taller en Brión hai máis de vinte anos e desde aquí ten realizado multitude de exposicións. Desde a galería Sargadelos en Compostela ata lugares tan distantes como o N.R. Art Council Queen Elisabeth II, Auckland (Nueva Zelanda. Ademais de dar clases é un experto deseñador e construtor de fornos para cerámica.
No obradoiro de Planeta Barro participaron un total de 26 persoas do ámbito nacional e internacional. Acudiron tanto persoas que se dedican á cerámica de xeito profesional, como afeccionados.

Unha xornada intensa, na que se compartiron técnicas, coñecementos e experiencias no referido ao mundo da cerámica. De feito, xa é a segunda vez que este evento se celebra no Concello, que colaborou con material como carpa e cadeiras para os e as asistentes.
