Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Brión
  • Xeral

Unanimidade en Brión para subir a taxa do lixo

brion pleno taxa do lixo 11 novembro 2025

Psoe, PP e BNG votaron a favor da suba na taxa do lixo, que se incrementará entre 20 e 40 euros anuais en función da frecuencia de recollida


O concello de Brión súmase aos que actualizan a taxa do lixo para poder cumprir a lei que obriga a evitar o déficit en este servizo. PSOE, PP e BNG votaron a favor da actualización nunha sesión urxente pola necesidade de que a taxa poida entrar en vigor o 1 de xaneiro de 2026.

Esta sesión urxente celebrouse despois de que o pasado mércores tivera lugar a Asemblea Xeral da Mancomunidade Serra do Barbanza, na que se aprobaron os orzamentos de 2025 desta entidade (os primeiros nos últimos dez anos).

Todos os grupos municipais agradeceron o traballo realizado polo secretario e o interventor do Concello de Brión para elaborar a nova ordenanza, que suporá unha actualización da taxa do lixo de 2026 de entre 21,56 euros e 41,56 euros nas vivendas, dependendo da frecuencia de recollida.

A nova ordenanza divide en 3 o epígrafe 10 da anterior ordenanza, correspondente á xestión do lixo domiciliario e residuos sólidos urbanos asimilables a vivendas, que estaba fixado en 93,44 euros.

Coa actualización aprobada, o rural brionés pasará a aboar 115 euros, as zonas semiurbanas achegarán 125 euros e a zona urbana, con servizo de recollida de seis días á semana, aboará 135 euros.

O Pleno acordou por unanimidade non modificar o resto de epígrafes, salvo o 15,2 para engadir unha taxa de 195,63 euros para vivendas de uso turístico que figuren no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas de Galicia (REAT).

Cubrir o coste do servizo

O alcalde de Brión, Pablo Lago Sanmartín, explicou que esta actualización da taxa do lixo “vén dada porque a Unión Europea di que hai que cobrar o que custa o servizo e os números responden ao estudo realizado pola Mancomunidade Serra do Barbanza”.

Neste sentido, puxo en valor que o Concello de Brión leva actualizando as súas taxas todos os anos, o que permite que as cifras sexan moito menores cas doutros concellos asociados á Mancomunidade. Un punto no que coincidiron os voceiros dos grupos municipais, aos que Lago Sanmartín agradeceu o seu apoio xa que non se trata de facer política, é a realidade que temos”.

Finalmente, o pleno municipal aproveitou tamén a sesión para aprobar por unanimidade a acta da sesión ordinaria anterior e aprobar un suplemento de crédito por 234.792 euros con cargo ao Remanente de Tesourería para Gastos Xerais para o pago de facturas por obras e servizos prestados ao municipio. Un modificativo de crédito que saíu adiante cos votos a favor de PSOE e PP e a abstención do BNG.

Post navigation

Previous: A Fundación ForGa imparte no Milladoiro catro cursos gratuítos
Next: Comeza a novena edición do Enreguéifate

Máis novas

no adscritas sabugueir labacollla 9 de outubro do 2026
6 minutes read
  • Xeral

Críticas ao PIA de Sabugueira, en Compostela

composyela transitos fest 9 outubro 2026
4 minutes read
  • Xeral

Tránsitos Fest

USC LEGO SERIOUS PLAT 8 DE OUTUBRO DO 2026 (1)
2 minutes read
  • Xeral

Emprender xogando con Lego e a USC

AMES CONTRATO DE MANTEMENTO DE LUMINARIAS 8 DE OUTURBRO DO 2026
4 minutes read
  • Xeral

Ames presenta o novo servizo de mantemento do alumeado público

compostela reapertura museo de maxia 18 novembro 2025 (1)
3 minutes read
  • Xeral

O Museo da Maxia de Galicia crea unha Escola de Maxia 

brion orzamento 07 outubro 20026
3 minutes read
  • Brión

Brión quere aprobar hoxe o orzamento máis alto da súa historia

touro visitas patrimnio slide 7 outubro 2026
2 minutes read
  • Xeral

Touro descobre o seu patrimonio oculto

amea maxia sñide 7 outubro 2026
6 minutes read
  • Xeral

XXI Festival Internacional de Maxia de Ames

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (665) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2818) Curtocircuito (40) Deportes (750) Economía (450) Educación (777) eleccions (48) Emprego (244) Entroido (42) Festas e Feiras (622) Festivais (837) Galego (146) Institucións (1439) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1622) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (824) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (736) Politica (949) saúde (533) Servizos (2699) sindicatos (109) Social (563) sucesos (133) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (702) Turismo (223) Universidade (586) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.