Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Brión
  • Xeral

Brión segue vixiando o proxecto de central hidroeléctrica reversible no río Tambre

A comisión de seguimento reuniuse o pasado mércores para analizar a situación

Brión segue vixiando o proxecto de central hidroeléctrica reversible

Brión, 20/03/2026 – A veciñanza de Brión segue paso a paso o desenvolvemento do proxecto de central hidroeléctrica reversible que se quere construír no río Tambre.

Hai máis de tres anos que a veciñanza e o concello mostraron a súa oposición ao proxecto de central hidroeléctrica reversible e desde entón analizan cada paso que se da. A apertura do trámite de competencia de proxectos volve a reunir á comisión e aviva as preocupacións.

O encontro foi convocado polo secretario da comisión, Óscar Rivera Marzábal, e o presidente da mesma e alcalde de Brión, Pablo Lago Sanmartín, para compartir as últimas novidades sobre a apertura do trámite de competencia de proxectos.

Un trámite que forma parte da solicitude de concesión de augas superficiais para a instalación dunha central e que foi publicado DOG do pasado 4 de marzo.

O secretario da comisión, Óscar Rivera, reiterou que con ese anuncio “todo volve empezar de novo e hai un prazo ata o 4 de abril para que as empresas presentes os seus proxectos. Será entón cando poidamos estudalos e presentar as correspondentes alegacións, tal e como se fixo anteriormente”.

Rivera tamén lembrou que as persoas integrantes da Comisión xa recibiran por correo electrónico tanto unha copia do devandito anuncio así como as aclaracións suficientes respecto do seu contido, aproveitando a reunión para contestar algunha dúbida dos presentes.

Apoio á veciñanza

O alcalde, Pablo Lago, reiterou que “a posición do Concello de Brión sigue sendo a mesma: apoio total á veciñanza de Cornanda e rexeitamento deste proxecto. Cando haxa documentación sometida a información pública, estaremos na primeira liña, presentando as alegacións que correspondan e convocando as reunións que sexan precisas para informar á veciñanza con total transparencia”.

Compre lembrar que en marzo de 2023 presentáronse unhas catrocentas alegacións contra o proxecto de central hidroeléctrica reversible tramitado por Augas de Galicia, das que 220 foron rexistradas no Concello de Brión.

O propio Concello de Brión presentou sete alegacións conxuntan nun documento de 82 páxinas nas que manifestaba ““o máis absoluto rexeitamento ás iniciativas do aproveitamento da auga que se interesan, que levarán a unha alteración irreversible do medio natural, económico e social, condicionando – e mesmo chegando a facer desaparecer – o estilo de vida rural imperante na zona por mor da execución da Central Hidroeléctrica Reversible do Tambre que se pretende implantar”.

Á reunión mantida asistiron o presidente da comisión e alcalde de Brión, Pablo Lago; o secretario da mesma, Óscar Rivera; Waldo Carballo e Xosé Penas, en representación dos grupos municipais do Partido Popular e do BNG; e os seis veciños e veciñas de Cornanda.

Post navigation

Previous: Debate sobre o estado do municipio en Teo
Next: Padrón inaugura a X Exposición da Camelia

Máis novas

diego luis diaz alcalde val do dubra primer plano 5 outubro 2026
3 minutes read
  • Xeral

Municipais 2027: Diego Luís Díaz, alcalde de Val do Dubra

a banha nova umeracion 5 outubro 2026
3 minutes read
  • A Baña

A Baña prepara a nova numeración municipal en 11 parroquias

santa comba mellora de viarios 5 outubro 2026 (1)
2 minutes read
  • Xeral

Santa Comba licita a mellora de viarios

museo do pobo programacion slide otubro (3)
6 minutes read
  • Xeral

Outubro no Museo do Pobo Galego

ateneo avaro ortiz 5 outubro 2026
2 minutes read
  • Xeral

Álvaro García Ortiz da unha conferencia no Ateneo

deputacion-variante-cacheiras-slide-18-outubro-2018_r
2 minutes read
  • Xeral

Problemas nas obras da variante de Cacheiras

compostela-transporte-urbano-slide-30-agosto-2022_r
2 minutes read
  • Xeral

O concello de Teo esixe manter a liña 12 do urbano de Santiago

usc territorios que lideran 2 outubro 2026
4 minutes read
  • Xeral

A USC impulsa o Foro “Territorios que lideran”

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (665) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2814) Curtocircuito (40) Deportes (750) Economía (449) Educación (776) eleccions (48) Emprego (244) Entroido (42) Festas e Feiras (622) Festivais (837) Galego (146) Institucións (1439) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1622) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (823) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (735) Politica (949) saúde (533) Servizos (2698) sindicatos (109) Social (563) sucesos (133) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (702) Turismo (223) Universidade (585) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.