Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Brión
  • Xeral

Comeza a repoboación da Carballeira de Santa Minia

Brión continúa cos traballos de recuperación da carballeira de Santa Minia e tras a retiradas das árbores enfermas comezou coa repoboación.
brion-repoboacion-santa-minia-slide-1-abril-2024-(2)_r

Bisbarra, 1 de abril do 2024 – O concello de Brión continúa cos traballos de recuperación da carballeira de Santa Minia e tras a retiradas das árbores enfermas comezou coa repoboación.

O espazo acolleu a chegada de oito exemplares de carballo procedentes dun viveiro de Abadín que ocupan xa zona sur da carballeira de Santa Minia. Durante a semana pasada procedeuse a reposición con terra nova para poder realizar a plantación dos oito novos carballos.

O alcalde de Brión, Pablo Lago, quen está seguindo puntualmente os traballos de repoboación explica que “de acordo coas recomendacións dos técnicos escollemos oito exemplares de pouco máis de tres metros de altura e que están perfectamente equilibrados entre copa e raíz, xa que así se facilitará o seu crecemento”.

As novas árbores de Santa Minia recibiron un tratamento fúngico preventivo, que foi reforzado durante a súa plantación. “Ademais, dispuxéronse dun xeito que poidan medrar e facer copas amplas de forma rápida ao non ter outros exemplares disputando o mesmo espazo”, comenta o alcalde brionés.

Unha vez plantados os novos exemplares, os técnicos comprobarán a súa correcta adaptación á carballeira brionesa. Será entón cando se proceda a analizar o resto de árbores da carballeira para coñecer o seu estado fitosanitario e determinar os seguintes pasos a seguir.

O sumidoiro que atravesa a carballeira de Santa Minia, que puido ser no seu día un problema para este enclave natural, neste momentos permite que as distintas áreas da carballeira poidan ser traballadas individualmente.

Os traballos de repoboación parcial da Carballeira de Santa Minia están sendo realizados por técnicos especialistas e foron autorizados o pasado mes de febreiro pola Dirección Xeral de Patrimonio Cultural da Xunta de Galicia.

Post navigation

Previous: Touro busca formar dixitalmente á veciñanza
Next: Preocupación no Pino por unha casa en mal estado

Máis novas

compostela feiito a man 4 agosto 2026
4 minutes read
  • Axenda

Comeza o XXIII edición do Feito a Man

compostela festival c 4 agosto 2026
3 minutes read
  • Axenda

O Festival C enche Compostela

TOURO VEST VERA 1 AGOSTO 2026
2 minutes read
  • Xeral

Noites no Ulla, a edición de verán de Ulla Fest

Ponte de San Lázaro Noia
2 minutes read
  • Xeral

Noia renovará a ponte peonil de San Lázaro

compostela centro mercadprias 31 xullo 2026
6 minutes read
  • Compostela

Nova etapa en Compostela na distribución de mercadorías

frades pleno xullo 31 xullo 2026
4 minutes read
  • Frades

Frades destina 95.000 euros de fondos propios a mellora de pistas

teo pleno extraordinario sobre o concello slide 1 setembro 2025.jpeg
3 minutes read
  • Teo

Teo aproba definitivamente os cambios no PXOM

compostela demandantes de vivenda 24 outubro 2018_slide
8 minutes read
  • Xeral

Compostela xa é unha zona de mercado residencial tensionado

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2787) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1430) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (816) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2682) sindicatos (109) Social (561) sucesos (130) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (694) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.