Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Brión
  • Xeral

A Romaría de Santa Minia encheu Brión

brion exito de santa minia 29 stembro 2025 (4)

A choiva non desanimou a milleiros de persoas que acudiron a Santa Minia cunha afluencia moito maior que en pasadas edicións.


Brión viviu na fin de semana unha das principais romarías da bisbarra, a Santa Minia. Un evento que tivo o seu día principal o sábado con milleiros de persoas chegadas da comarca e de toda Galicia, algo do que daba fe o bo número de autobuses de excursións aparcados na contorna.

A chuvia non foi un obstáculo e os romeiros cumpriron coas tradicións de acudir a capela antes de pasar pola festa e polas polbeiras. O tempo medio de agarda para entrar no Santuario de Santa Minia chegaron a ser de máis de media hora o que da idea da gran afluencia de público.

As cinco polbeiras estiveron cheas desde a súa instalación e non deixaron de vender racións de polbo e de churrasco, a un prezo de 14 euros. O Día de Santa Minia a espera media para entrar nelas disparouse como non se lembraba nos últimos dez anos, chegando as colas ata a capela, por unha banda, e ata mediada a Carballeira, pola outra.

Pola súa banda, as atraccións infantís ateigaron a finca fronte ao centro social polivalente, onde manteñen un horario inclusivo de 16:00 a 17:00 horas no que funcionarán sen son para facilitar a participación de persoas con diversidade funcional.

Entre esta parcela e o santuario de Santa Minia apostáronse varios food-tracks e preto de 150 postos de venda de rosquillas, roupa, chourizos, antigüidades, queixos, xamón ibérico, larpeiradas, licores, filloas, ferramentas, pulseiras, velas, imaxes relixiosas, música, zapatos, xeados… e paraugas, sen dúbida o produto estrela este ano.

A música nas rúas brionesas correu a cargo do grupo de gaitas “Devagarinho” e a charanga Os Celtas, mentres a compañía galega Títeres Alakrán fixo unha ruada co espectáculo “O xigante Barriga Verde”, dentro do VIII Festival Monecadas. A sesión vermú correu a cargo da artista local Ruth Cundíns, no espazo reservado para as actuacións musicais, a carón das pulperías.

Autoridades

O alcalde de Brión, Pablo Lago, agradeceu o “extraordinario traballo que están a realizar os traballadores municipais, así como os membros de Protección Civil, Policía Local, Garda Civil, tanto de Brión como chegados doutras localidades, así como do persoal médico para que as festas se desenvolvan dentro da normalidade e sen ningunha incidencia”.

Lago Sanmartín guiou pola Romaría á comitiva oficial encabezada por Pedro Blanco, delegado do Goberno en Galicia; Valentín González Formoso, presidente da Deputación da Coruña; e José Manuel Merelles, director da Axencia de Turismo de Galicia; a quen acompañaron tamén Julio Abalde, subdelegado do Goberno na Coruña; os deputados provinciais Antonio Leira e María del Mar García Vidal; así como alcaldes, concelleiros e concelleiras da comarca. Tras un paseo pola contorna, a comitiva participou nun xantar nunha das polbeiras.

Post navigation

Previous: Clausura do Programa Integrado de Emprego Dodro 2024-25
Next: A Deputación reforma o local da Asociación Saúde Mental A Creba, de Noia

Máis novas

bisbarra eleccions e lista 14 outubro 2026
4 minutes read
  • Xeral

Municipais 2027: tambores de eleccións, os partidos moven fichas

frades oroso obra enlace 14 outubro 2026 (3)
3 minutes read
  • Xeral

Frades e Oroso arranxan a estrada de O Fontelo a A Igrexa

no adscritas sabugueir labacollla 9 de outubro do 2026
6 minutes read
  • Xeral

Críticas ao PIA de Sabugueira, en Compostela

composyela transitos fest 9 outubro 2026
4 minutes read
  • Xeral

Tránsitos Fest

USC LEGO SERIOUS PLAT 8 DE OUTUBRO DO 2026 (1)
2 minutes read
  • Xeral

Emprender xogando con Lego e a USC

AMES CONTRATO DE MANTEMENTO DE LUMINARIAS 8 DE OUTURBRO DO 2026
4 minutes read
  • Xeral

Ames presenta o novo servizo de mantemento do alumeado público

compostela reapertura museo de maxia 18 novembro 2025 (1)
3 minutes read
  • Xeral

O Museo da Maxia de Galicia crea unha Escola de Maxia 

brion orzamento 07 outubro 20026
3 minutes read
  • Brión

Brión quere aprobar hoxe o orzamento máis alto da súa historia

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (665) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2818) Curtocircuito (40) Deportes (750) Economía (450) Educación (777) eleccions (49) Emprego (244) Entroido (42) Festas e Feiras (622) Festivais (837) Galego (146) Institucións (1439) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1622) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (824) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (736) Politica (950) saúde (533) Servizos (2699) sindicatos (109) Social (563) sucesos (133) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (703) Turismo (223) Universidade (586) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.