займ срочно

O concello de Brión avanza a programación da Santa Minia

0

Bisbarra, 8 de setembro do 2022 – A finais de mes chega unha das romarías máis clásicas da bisbarra, a de Santa Minia, no concello de Brión.

Desde o 23 ao 27 a Santa Minia volverá a reunir en Brión a romeiros de toda Galicia. A Carballeira e a súa contorna acollerá de novo postos de rosquilleiras, polbeiras, cereiras e artigos relixiosos ademais de actuacións para todos os gustos.

Que foi Santa Minia

A lenda conta que Santa Minia foi unha rapaza de 15 anos martirizada no ano 362. A primeira referencia escrita data do 1804 cando o Papa Pío VII autorizou o traslado dos restos da mártir de Roma a Cádiz. En 1848 o propietario da capela no que se atopaban os cedeu ao veciño de Brión Luís Tobío, que traballaba para el,  que foi quen trouxo os restos a Brión e coa axuda da veciñanza comezou a construír unha capela.

Programación da Santa Minia 2022

Ademais das charangas e gaiteiros que durante os cinco días percorreran o concello, a programación conta con concertos, orquestras, o festival Monecadas e os tradicionais fogos de artificio.

Venres 23

Espectáculo de maxia: 17:00 18:00 19:00

Mago Antón: “Mil maxias máis”

21:00h. Concertos

Pelepau E Bandabacana

Sábado 24

Grupo de gaitas Devagariño

Charanga Os Jalácticos

17:00h VIl Festival Monecadas.

Cris Collazo “Pepa a loba” (Galicia)

19:00h Actuación das Escolas de danza e música tradicional do concello de Brión

21:00 concertos

Os da Porfía

Xabier Diaz é Adufeiras do Salitre

Domingo 25

Grupo de gaitas Airiños do Petouto

Charanga Os Celta

13:00h. Concerto da Banda de Música Municipal de Brión

14:00h. Sesión vermú coa charanga Os Celtas

17:00h. VII Festival Monecadas

Nauta “A elegancia está nos zapatos” (Galicia Francia)

19:00h. Charanga Os Celtas

21:00h. Concerto

Devacas

23:00h. Orquestra Finisterre

LUNS 26

Grupo de gaitas Devagariño

Charangas Os Jalacticos e Os Celtas

14:00h, Sesión vermú co grupo Unión Y Fuerza

17:00h. VII Festival Monecadas

Alox Marionettes “Mr. Barti Puppet Show” (Dinamarca)

21:00h. Orquestra Unión Y Fuerza

00:00h.

Espectáculo de luz, son e fogos de artificio

00:30h. Orquestra París de Noia

Martes 27

Charangas Noroeste e Os Celtas

12:00h. Pasarrúas con Dixie Kings

14:00h. Sesión vermú coa cantante Ruth Cundíns

17:00h. VII Festival Monecadas.

Irono Vecchia Buratini “Pulcinella” (Italia)

21:00h. Espectáculo musical

La Oca Band ”Camiñantes e cantantes”

23:00 Orquestra Olympus

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies