Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Xeral
  • Brión

Brión reclama melloras no servizos de autobús

O BNG reuniu 250 sinaturas coas que denuncian supresión de servizos, horarios ineficaces e a falta de información no transporte por autobús

Concelleiros do BNG de Brión recollendo sinaturas para mellorar o autobús

Concelleiros do BNG de Brión recollendo sinaturas para mellorar o autobús

Brión, 27/04/2026 – As melloras no funcionamento do transporte metropolitano é unha reclamación recorrente en toda a bisbarra. Autobuses escasos, horarios incumpridos o suspensión de frecuencias son algunhas das protestas da veciñanza en tódolos concellos.

Brión non é unha excepción e o BNG ven de recoller 250 sinaturas para reclamar melloras nos servizos de autobús. A intención é trasladar á Xunta de Galicia as queixas da veciñanza e esixir un transporte público digno.

Festa da Troita en Oroso

A iniciativa encádrase nunha campaña comarcal que denuncia os problemas que afectan ao transporte público por estrada, como a supresión de liñas e frecuencias, cambios constantes de horarios que non se adaptan ás necesidades reais da veciñanza (especialmente no caso do estudantado), así como a falta de información clara sobre os servizos dispoñíbeis.

O BNG de Brión alerta ademais do estado dos vehículos, que considera en moitos casos antigos e pouco accesíbeis. Critica tamén a escasa atención ás reclamacións das persoas usuarias, que non reciben resposta por parte da Administración.

Neste sentido, a formación nacionalista reclama á Xunta a posta en marcha de liñas de autobús suficientes e estábeis, horarios útiles para a vida diaria e un servizo moderno, accesíbel e de calidade, que garanta o dereito á mobilidade no rural.

O BNG lamenta tamén o “desleixo” do Concello de Brión, en particular do seu alcalde e membro da Comisión de Seguimento do Plan de Transporte Metropolitano da Área de Santiago de Compostela. A formación nacionalista sinala que na última xuntanza do dito órgano non se manifestaron problemas no servizo. Ademais, preguntado o rexedor no pleno polas queixas das persoas usuarias, afirmou que “non lle constan”.

O BNG agarda que, co volume de sinaturas recollidas, “agora si teña constancia e cumpra coas súas obrigas, entre elas reivindicar o axeitado funcionamento dun servizo público esencial”.

Post navigation

Previous: José Suárez, referente da fotografía galega nos Luns do Ateneo
Next: Este xoves preséntase a “Primavera de Portas Abertas nas Rutas dos Viños de Galicia”

Máis novas

compostela feiito a man 4 agosto 2026
4 minutes read
  • Axenda

Comeza o XXIII edición do Feito a Man

compostela festival c 4 agosto 2026
3 minutes read
  • Axenda

O Festival C enche Compostela

TOURO VEST VERA 1 AGOSTO 2026
2 minutes read
  • Xeral

Noites no Ulla, a edición de verán de Ulla Fest

Ponte de San Lázaro Noia
2 minutes read
  • Xeral

Noia renovará a ponte peonil de San Lázaro

compostela centro mercadprias 31 xullo 2026
6 minutes read
  • Compostela

Nova etapa en Compostela na distribución de mercadorías

frades pleno xullo 31 xullo 2026
4 minutes read
  • Frades

Frades destina 95.000 euros de fondos propios a mellora de pistas

teo pleno extraordinario sobre o concello slide 1 setembro 2025.jpeg
3 minutes read
  • Teo

Teo aproba definitivamente os cambios no PXOM

compostela demandantes de vivenda 24 outubro 2018_slide
8 minutes read
  • Xeral

Compostela xa é unha zona de mercado residencial tensionado

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2787) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1430) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (816) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2682) sindicatos (109) Social (561) sucesos (130) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (694) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.