Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Brión
  • Xeral

Brión contará  cun punto limpo móbil

O concello de Brión adquiriu un camión grúa con colector que se converterá no primeiro punto limpo móbil do municipio.
brion-punto-limpo-mobil-slide-18-outubro-2022_r

Bisbarra, 18 de outubro do 2022 – O concello de Brión adquiriu un camión grúa con colector que se converterá no primeiro punto limpo móbil do municipio.

O novo vehículo supuxo un investimento de máis de setenta mil euros. Chegará ao concelo a primeiros do mes de novembro. Contará polo menos con oito contedores para a recollida de pilas e baterías, lámpadas e tubos fluorescentes, aceites usados, vidro, plásticos, papel e cartón, pequenos electrodomésticos e roupa e calzado.

O camión permitirá a recollida doutros residuos cuxas cantidades serán menores (CD, DVD, disquetes, cassetes, cristal, xoguetes, aerosoles, sprays, radiografías, botes de pintura, varnices, pequenos enseres…). Esta actuación vén complementar a instalación de dous minipuntos limpos no parque municipal de Brión e nos Ánxeles.

O alcalde de Brión, Pablo Lago, explica que “este novo servizo favorecerá a recollida daqueles residuos especiais susceptibles de recuperación e que non son recollidos no sistema ordinario. Evitará que a veciñanza teña que desprazarse cos residuos xa que este punto limpo móbil achegarase ás distintas aldeas dun xeito periódico e seguindo un plan de viaxe que será dado a coñecer previamente a través das canles habituais de comunicación cos veciños e veciñas”.

Post navigation

Previous: I Concurso fotográfico “Día da muller rural” de Negreira
Next: A Deputación reúnese co empresariado de Melide

Máis novas

compostela feiito a man 4 agosto 2026
4 minutes read
  • Axenda

Comeza o XXIII edición do Feito a Man

compostela festival c 4 agosto 2026
3 minutes read
  • Axenda

O Festival C enche Compostela

TOURO VEST VERA 1 AGOSTO 2026
2 minutes read
  • Xeral

Noites no Ulla, a edición de verán de Ulla Fest

Ponte de San Lázaro Noia
2 minutes read
  • Xeral

Noia renovará a ponte peonil de San Lázaro

compostela centro mercadprias 31 xullo 2026
6 minutes read
  • Compostela

Nova etapa en Compostela na distribución de mercadorías

frades pleno xullo 31 xullo 2026
4 minutes read
  • Frades

Frades destina 95.000 euros de fondos propios a mellora de pistas

teo pleno extraordinario sobre o concello slide 1 setembro 2025.jpeg
3 minutes read
  • Teo

Teo aproba definitivamente os cambios no PXOM

compostela demandantes de vivenda 24 outubro 2018_slide
8 minutes read
  • Xeral

Compostela xa é unha zona de mercado residencial tensionado

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2787) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1430) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (816) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2682) sindicatos (109) Social (561) sucesos (130) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (694) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.