займ срочно

O teatro abre o Nadal de Brión

0

Bisbarra, 15 de decembro do 2022 – O pasado venres o concello de Brión daba comezo ao Nadal co tradicional acendido das luces e este semana o teatro marca os primeiros eventos da programación.

Serán tres espectáculos que terán lugar no centro social polivalente e que son de entrada libre e de balde. Hoxe xoves a cita é con “Ornithology”, teatro para público adulto a medio camiño entre a narración tradicional, a épica escénica e o cabaré literario. Protagonizada por Quico Cadaval e Pablo Castaño, a función comezará ás 20:00 horas.

Mañá venres 16 de decembro, será a quenda de Ste Xeito Producións, que porá sobre o escenario brionés “Feminíssimas”, unha comedia negra escrita por Esther F. Carrodeguas, que a interpreta canda Noelia Blanco Pérez e Stephy Llaryora. Tres actrices que representan tres formas distintas de entender o feminismo: o radical, o liberal e o postfeminismo. Neste caso, a actuación terá lugar ás 21:00 horas.

Finalmente, a sesión do sábado 17 de decembro irá dirixida a un público familiar, con nenos e nenas de máis de 7 anos. Ás 20:00 horas, Farándula Velutina escenificará “A derradeira Bala”, unha comedia que chega a Brión da man da Federación Galega de Teatro Afeccionado e que quedara adiada no seu día por mor da covi. Neste caso é unha comedia ambientada nun contexto de guerra.

A maiores, este venres 16 de decembro, ás 18:00 horas, a sala municipal de exposicións acollerá “O apalpador conta con vós”, un espectáculo de Caxoto dirixido a nenos e nenas de entre 4 e 10 anos. A entrada será libre e de balde ata completar aforo, se ben é posible reservar localidades a través da web municipal www.concellodebrion.gal.

Concerto e monicreques

Ademais dos concursos de tarxetas e decoración de Nadal e das actividades de conciliación do 23 de decembro ao 5 de xaneiro, o venres 23 de decembro terá lugar un Concerto de Nadal. Loli e os reis do ritmo porán en escena “Un Nadal con ritmo”, un espectáculo para toda a familia no polivalente a partir das 18:00 horas.

O ano 2023 chegará, como é habitual en Brión, da man do Festival de Titeres, que cumpre a súa edición número 27. Tres actuacións que terán lugar no polivalente, ás 17:30 horas. Trátase de Mircromina Teatro con “Raio de Loubican” (luns 2), Marionetas Rui Sousa con “Marionetas musicais” (martes 3) e Larei Lará co “Dinosauros. O regreso dos saurios” (mércores4).

A guinda final queda para o xoves 5 coa Cabalgata de Reis que, como en anos anteriores, fará un percorrido polas parroquias durante toda a xornada.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies