Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Axenda
  • Brión
  • Xeral

Brión comeza a programación do Mes de Rosalía

Un espectáculo infantil de A Xanela do Maxín será hoxe o encargado de iniciar o programa de actividades dedicadas a Rosalía

brion mes de rosalia 12 febreiro 2026

A sala municipal de exposicións de Brión acolle hoxe, ás 18:00 horas, unha actividade de dinamización dirixida a toda a familia: “Dende Rosalía”, da man do grupo A Xanela do Maxín.

Trátase dun espectáculo que abre o programa especial deseñado polo Concello de Brión para conmemorar o Mes de Rosalía e que incluirá outras seis iniciativas que se desenvolverán durante a próxima semana.

“Dende Rosalía” é unha combinación de teatro, poesía, música e pequenas sorpresas escénicas creado por A Xanela do Maxín. Un percorrido pola historia literaria de Galicia, pola de grandes escritoras como a propia Rosalía, e pola de mulleres que non só fixeron historia senón que continúan inspirando ás xeracións máis novas.

A entrada é libre e de balde ata completar a capacidade da sala.

Experiencias artísticas e musicais

O Mes de Rosalía terá continuidade o próximo venres 20 de febreiro cunha nova sesión de actividades de divulgación cultural “Brión, unha historia que contar”. Nesta ocasión, e baixo a denominación “O sentir universal en Rosalía”, o centro social polivalente acollerá unha experiencia artística na que participarán a actriz Chiruca Tarrío, como Rosalía de Castro; o músico e escritor Francisco Castro; e o grupo Teatro das Maniotas do IES de Brión.

Unha actividade organizada polo Concello de Brión, en colaboración con Latexos de Turismo, que terá lugar o venres 20 de febreiro, ás 20:30 horas, no auditorio do centro social polivalente. Entrada libre e de balde ata completar o aforo da sala.

Un día despois, o sábado 21 de febreiro ás 20:00 horas, o centro social polivalente acollerá o espectáculo “Rosalía de Castro, como cor de ouro pálido”, unha viaxe a través da imaxe, o son e a palabra inspiradas na poesía rosaliana.

Un espectáculo protagonizado por Rafa Fernández (guitarra / composición), Tamara Andrés (voz) e Miguel G. Orive (videocreación). Entrada libre e gratuíta acta completar a capacidade do salón de actos.

Campás de Bastavales, imaxe de Loli Fernández para Lindeiros, dereitos reservados

Día de Rosalía

Para o Día de Rosalía, luns 23 de febreiro, o Concello de Brión ten programadas diversas actividades, cun acto central de homenaxe ás 12:00 horas na Igrexa de San Xiao de Bastavales. O acto, que está aberto á participación libre da veciñanza, comezará cun tradicional toque de campás, seguido da Ofrenda Floral do Concello de Brión a Rosalía de Castro no exterior da igrexa.

Un acto presidido polo alcalde de Brión, Pablo Lago, e a concelleira de Cultura, Sandy Cebral, que darán paso a unha serie de lecturas de poemas e escritos do alumnado dos centros educativos brioneses.

Durante a xornada terá lugar ademais unha nova edición do Caldo de Gloria e do Café con verso en diferentes establecementos hostaleiros de Brión. Dúas iniciativas que inclúen a degustación da receita rosaliana do Caldo de Gloria, así como a entrega dun poema de Rosalía de Castro con cada café que se consuma no establecemento.

A programación especial do Mes de Rosalía pecharase o venres 27 de febreiro co espectáculo “De nome, Rosalía”, do Grupo Ouriol, formado por Eva Veiga, Bernardo Martínez, Fito Ares e Alfonso Costa.

Trátase dun espectáculo dedicado á poesía de Rosalía de Castro, especialmente á recollida en Cantares Gallegos e Follas Novas. Será no centro social polivalente o venres 27 de febreiro, ás 20:30 horas. Entrada de balde ata completar aforo.

Post navigation

Previous: Ames licita o mantemento do alumeado público
Next: Augas de Ames terá un orzamento de 4 millóns e medio de euros

Máis novas

U dos novos autobuses do transporte urbvano de Santiago coa nova imaxe que terán
1 minute read
  • Xeral

Desbloqueado o novo transporte urbano de Compostela

NOGA, colectivo de narración oral galega, traballa baixo o lema “Somos o que contamos”
3 minutes read
  • Xeral

Xornadas sobre narración galega en Padrón

Compostela-semana-patrimonio-invisible_131352-slide_r
7 minutes read
  • Axenda

Descubrindo o patrimonio de Compostela

Casa Consistrorial de brion
3 minutes read
  • Brión

Denuncian os prexuízos dos cambios no Bono Concilia

estrada Santiago a Portodemouros
2 minutes read
  • Xeral

A Deputación licita a mellora da estrada de Santiago a Portomouro

Melide asina convenio coa asociacion Melisa
4 minutes read
  • Xeral

Melide e a asociación MeLiSA facilitan o acceso á tecnoloxía

Actos vandálicos na Casa da Mina de Santa Comba
3 minutes read
  • Santa Comba

Actos vandálicos na Casa da Mina de Santa Comba

O concello organiza un curso para incorporarse á cociña colaborativa do coworking
2 minutes read
  • Axenda

“Transformando en Brión” convoca un curso de formación

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (663) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2792) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (772) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (836) Galego (145) Institucións (1432) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (817) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2685) sindicatos (109) Social (563) sucesos (131) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (696) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.