Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Brión
  • Xeral

Brión inicia os actos de conmemoración do 25N

brion 25 6 de novembro 2025

O obradoiro de autocoidado feminino “O descanso da guerreira” foi a primeira actividade da programación preparada polo concello de Brión.


Achégase o 25N e os concellos comezan as súas actividades vinculadas á loita contra a violencia de xénero. O centro social polivalente de Brión acolleu o obradoiro “O descanso da guerreira”, actividade coa que se inician as actividades arredor do 25 de novembro.

Obradoiros, relatorios, teatro e andainas, actividades todas de balde, forman a programación de Brión para conmemorar o 25N. A concelleira de Servizos Sociais e Igualdade, Rosa Romero, explica que “este ano centrámonos en dous obxectivos principais: difundir información sobre os recursos legais, psicolóxicos e económicos dispoñibles para facer fronte ás distintas formas de violencia machista e, por outra banda, poñer o foco na reparación e no encontro entre mulleres de todas as idades”.

Esta primeira actividade, “O descanso da guerreira”, terá catro sesións máis. Trátase dun espazo de conexión feminina e autocoidado impartido pola terapeuta e bailarina Martha Franco.

Durante os catro próximos martes, en horario de 11:00 a 12:30 horas, as participantes aprenden ferramentas para mellorar o seu benestar e calidade de vida, como técnicas de automasaxe, respiración, movemento, estiramentos, nutrición e xestión emocional.

A participación é totalmente de balde e aínda é posible anotarse para as seguintes sesións no teléfono 981 509 910 ou no mail sabela.losada@concellodebrion.gal.

Andaina

A programación continuará este sábado 8 de novembro coa andaina “Camiñamos xuntas!”, un percorrido de 5 km apto para todas as idades que sairá ás 11:00 horas do centro social polivalente.

Como no resto de actividades, a participación é totalmente gratuíta, se ben é preciso anotarse chamando ao 981 509 910, enviando un mail a sabela.losada@concellodebrion.gal ou enchendo o seguinte formulario  https://forms.gle/8WVh6F9HX4cRj9th6

Para o luns 10 de novembro está programado o obradoiro “Teatro para sandar(nos)”, que terá lugar de 16:00 a 18:00 horas. Trátase dun taller de teatro para mulleres dirixido pola actriz Diana Sieira e con ferramentas empoderadoras, expresión corporal, xogo simbólico, creación colectiva… Terá lugar no centro social polivalente brionés.

Semana do 25N

Xa máis próximos á celebración do 25 de novembro, o venres 21, ás 20:30 horas, terá lugar unha sesión de teatro profesional: “Sophie non é o meu nome de guerra”, da compañía Redrum Teatro sobre a vida dunha muller migrante vítima de trata. Esta é a única actividade na que as inscricións terán que facerse a través de billeteira.concellodebrion.gal, sendo tamén totalmente de balde.

O luns 24 de novembro, de 17:00 a 18:30 horas, terá lugar o relatorio “Asesoría xurídica sobre violencia de xénero”, impartida pola avogada Cristina Martínez. Nesa sesión, a poñente ofrecerá información legal sobre a violencia de xénero, como actuar no caso de ser vítimas ou testemuñas, e responderá a todas as consultas e dúbidas que se lle plantexen.

O propio 25 de novembro, a praza do Concello acollerá ás 12:00 horas a lectura do manifesto institucional contra a violencia de xénero, cunha actuación de Teatro das Maniotas, do IES de Brión. En caso de choiva, o acto trasladaríase cara o centro social polivalente.

Finalmente, o luns 1 de decembro terá lugar un segundo relatorio, desta vez “Asesoría sobre a violencia sexual”, da man da psicóloga Lara Fuentes. O centro social polivalente acollerá de 18:00 a 19:30 horas unha charla sobre o que se pode facer no caso de ser vítimas ou testemuñas de violencia sexual.

Post navigation

Previous: Santa Comba destina 268.000 euros do POS adicional a gasto corrente
Next: Comeza en Arzúa o Outono a Escena

Máis novas

compostela feiito a man 4 agosto 2026
4 minutes read
  • Axenda

Comeza o XXIII edición do Feito a Man

compostela festival c 4 agosto 2026
3 minutes read
  • Axenda

O Festival C enche Compostela

TOURO VEST VERA 1 AGOSTO 2026
2 minutes read
  • Xeral

Noites no Ulla, a edición de verán de Ulla Fest

Ponte de San Lázaro Noia
2 minutes read
  • Xeral

Noia renovará a ponte peonil de San Lázaro

compostela centro mercadprias 31 xullo 2026
6 minutes read
  • Compostela

Nova etapa en Compostela na distribución de mercadorías

frades pleno xullo 31 xullo 2026
4 minutes read
  • Frades

Frades destina 95.000 euros de fondos propios a mellora de pistas

teo pleno extraordinario sobre o concello slide 1 setembro 2025.jpeg
3 minutes read
  • Teo

Teo aproba definitivamente os cambios no PXOM

compostela demandantes de vivenda 24 outubro 2018_slide
8 minutes read
  • Xeral

Compostela xa é unha zona de mercado residencial tensionado

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2787) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1430) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (816) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2682) sindicatos (109) Social (561) sucesos (130) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (694) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.