Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Brión
  • Xeral

Vicente Piñeiro gaña o Laudamuco para textos Teatrais

O lucense Vicente Piñeiro faise co Premio Laudamuco para textos teatrais que organiza cada ano o concello de Brión.
brion-premio-laudamuco-slide-10-abril-2023_r

Bisbarra, 10 de abril do 2023 – O lucense Vicente Piñeiro faise co Premio Laudamuco para textos teatrais que organiza cada ano o concello de Brión.

O Premio Laudamuco conta ademais coa participación da Academia Galega de Teatro e Edicións Positivas. En esta quinta edición o gañador presentou a peza “Devólvenos a Xermánico”, pola que recibirá un premio de 7.000 euros e a edición do texto.

O xurado estivo composto por Francisca Abeledo Seren, Fabrice Corrons, Xosé Manuel Rabón, Francisco Oti Ríos e Eduardo Rodríguez Cunha, quen actuou como secretario. Eles acordaron por maioría premiar a proposta de Vicente Piñeiro “pola súa perfección e estrutura dramatúrxica, pola temática histórica con excelencia documental o que dá como resultado unha obra teatral perfecta”.

Vicente Piñeiro, de profesión topógrafo xubilado da Enxeñería Civil e Minas e escritor de afección, é un recoñecido autor en Galicia de novela e teatro. As súas obras baséanse en acontecementos e personaxes históricos de diferentes épocas, aínda que sente especial predilección polo pasado romano. Tamén conta con varios volumes de poesía, contos e ensaio. En 2003 xa gañara o Concurso de Poesía das Letras de Vilalba, pola obra “Señor, as túas pupilas son moi azuis”.

O acto de entrega do galardón está previsto para o martes 16 de maio en Brión, momento no que Vicente Piñeiro sucederá no palmarés do Premio Laudamuco a Paula Carballeira Cabana, Francisco Antonio Vidal Blanco, Raúl Dans e Xavier Lama López, gañadores das edicións anteriores. Nas súas catro primeiras edicións, o galardón recaeu no lucense Xavier Lama López por “Na miña alma ouvea un lobo” (2019), no coruñés Raúl Dans Mayor por “Só un home bo” (2020) e no ribeirense Francisco Antonio Vidal Blanco por “A vinganza de Fortimbrás” (2021) e na teense Paula Carballeira Cabana por “Dentes de coello” (2023).

Post navigation

Previous: Preocupación pola rotura dun balsa de áridos en Frades
Next: V edición do Delas Fest

Máis novas

U dos novos autobuses do transporte urbvano de Santiago coa nova imaxe que terán
1 minute read
  • Xeral

Desbloqueado o novo transporte urbano de Compostela

NOGA, colectivo de narración oral galega, traballa baixo o lema “Somos o que contamos”
3 minutes read
  • Xeral

Xornadas sobre narración galega en Padrón

Compostela-semana-patrimonio-invisible_131352-slide_r
7 minutes read
  • Axenda

Descubrindo o patrimonio de Compostela

Casa Consistrorial de brion
3 minutes read
  • Brión

Denuncian os prexuízos dos cambios no Bono Concilia

estrada Santiago a Portodemouros
2 minutes read
  • Xeral

A Deputación licita a mellora da estrada de Santiago a Portomouro

Melide asina convenio coa asociacion Melisa
4 minutes read
  • Xeral

Melide e a asociación MeLiSA facilitan o acceso á tecnoloxía

Actos vandálicos na Casa da Mina de Santa Comba
3 minutes read
  • Santa Comba

Actos vandálicos na Casa da Mina de Santa Comba

O concello organiza un curso para incorporarse á cociña colaborativa do coworking
2 minutes read
  • Axenda

“Transformando en Brión” convoca un curso de formación

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (663) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2792) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (772) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (836) Galego (145) Institucións (1432) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (817) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2685) sindicatos (109) Social (563) sucesos (131) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (696) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.