Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Brión
  • Xeral

Brión aproba dúas modificacións de crédito de 1,1 millóns de euros

brion-modificacion-pleno-slide-28-novembro-2024_r

Bisbarra, 28 de novembro do 2024 – Brión celebrou un pleno extraordinario na que foron aprobadas dúas modificacións de crédito con cargo ao Remanente Líquido de Tesourería.

As partidas servirán para abonar actuacións realizadas en materia de obras e servizos antes de que finalice este ano. Corresponden ao remanente para Gastos Xerais e ascenden a 1.168.000 euros. A modificación foi aprobada cos 6 votos a favor do PSOE e as 5 abstencións de PP (3) e BNG (2).

A primeira modificación consiste nun crédito extraordinario de 500.000 euros, mentres que a segunda é un suplemento de crédito doutros 668.000 euros. Neles figuran gastos moi diversos, dende obras como os 114.000 euros para o arranxo urxente de pistas municipais, os 43.000 euros para repoñer o parque infantil de Agronovo, actuacións de mellora do saneamento (36.000 euros) ou a mellora do alumeado na Telleira (21.000 euros) ata actuacións de mellora en instalacións municipais (gardería, local da Policía local…) e actividades culturais.

O alcalde de Brión, Pablo Lago Sanmartín, explica que “todo o que se fixo foi en beneficio da veciñanza, se ben recoñezo que podería terse feito mellor. Asumo a miña responsabilidade e, como dixen anteriormente nas reunións mantidas cos grupos, este non é o camiño que quero seguir. Esforzarémonos moito máis para facer as cousas mellor”.

O voceiro do BNG, Xosé Manuel Penas, pediu a palabra para xustificar a abstención do seu grupo: “abstémonos por lealdade institucional, que nos impide votar en contra para non crear máis prexuízos ás empresas que fixeron estas actuacións”. Un voto que condicionou “a contar con toda a información do procedemento”.

Neste sentido, o alcalde brionés comprometeuse ante o Pleno a que “todo se fiscalizará e se xustificará. E a partir de agora imos traballar para facer as cousas moito mellor”, unha tarefa na que contará coa axuda do novo Interventor municipal, cuxa incorporación o pasado mes de outubro pon fin a varios anos de interinidade nun posto clave na xestión municipal.

Post navigation

Previous: Teo aproba un orzamento de 18,5 millóns de euros para o ano 2025
Next: Arzúa presenta o Día do Comercio Local 2024

Máis novas

Teo lugar no que se situaría a planta de residuos de Cacheiras
4 minutes read
  • Xeral

Segue a preocupación en Cacheiras, Teo, pola instalación da planta de reciclaxe

compostela vista posterior pazo raxoi imaxe google maps
3 minutes read
  • Compostela

Compostela recepcionará as obras do Pazo de Raxoi

granell slide
2 minutes read
  • Axenda

Alejandra Pombo presenta na Granell “o que me mira rodeándome”

Presentación en Melide a campaña "No caminas sola" do Miisterior del INterior
3 minutes read
  • Xeral

“No caminas sola”, prevención nos Camiños a Santiago

Presentación en Compopstela do manifesto "Por u monte galego con futuro"
13 minutes read
  • Xeral

Por un monte galego con futuro

Ortoño celebrará o vindeiro domingo vinte anos da Festa do Courizo ao Viño. Organizada pola Asociación Gastronómica, Recreativa e Cultural do Chourizo ao viño degustará tamén orella cocida e todo com guarnición de cachelos.
4 minutes read
  • Xeral

XX Festa do Chourizo ao Viño de Ortoño

O alcalde de Boqueixón, Ovidio Rodeiro, e o chef Álex Iglesias presentaron os “Tardeos no Pico Sacro”, unha iniciativa do Concello para poñer en valor o seu enclave turístico máis importante, que acaba de ser elixido pola Xunta para converterse en Ben de Interese Cultural, a través dunha nova e completa oferta cultural, turística e gastronómica.
4 minutes read
  • Axenda

“Tardeos no Pico Sacro” a proposta de Boqueixón para un verá diferente

Os alcaldes de Boqueixón, Ovidio Rodeiro, e Touro, José Manuel Reboredo, nunha das zanxas de canalización de auga
4 minutes read
  • Boqueixón

Boqueixón e Touro colaborarán no abastecemento de auga potable

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2082) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2768) Curtocircuito (40) Deportes (748) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (608) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1427) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1616) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (810) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (726) Politica (942) saúde (527) Servizos (2670) sindicatos (109) Social (549) sucesos (128) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (690) Turismo (222) Universidade (579) urbanismo (260) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.