займ срочно

Brión aproveita o remanente para arranxar estradas e pistas polideportivas

0

Bisbarra, 20 de outubro do 2022 – O concello de Brión celebrou o pleno ordinario de outubro no que se aprobou un investimento de 138.000 euros en estradas e pistas polideportivas.

Unha sesión na que todos os puntos da orde do día foron aprobados por unanimidade. A mellora en estradas e pistas polideportivas recibirá o financiamento aprobado do remanente líquido do concello.

Imaxe de arquivo dun pleno en Brión

A intervención con máis investimento será a destinada ao polideportivo municipal de Pedrouzos, cunha cantidade próxima aos 60.000 euros. A infraestrutura verá renovado o pavimento da pista polideportiva e substituirase o sistema de alumeado. Así mesmo, o investiranse outros 19.000 euros na renovación do pavimento da pista polideportiva do Inxerido.

Por outra banda, a modificación de crédito aprobada permitirá reforzar e mellorar os accesos á aldea de Vilas (máis de 45.000 euros) e realizar un bacheo en Chave da Ponte (16.000 euros), ambas as dúas na parroquia de Bastavales.

O alcalde, Pablo Lago, explicou que “a renovación do firme da pista do polideportivo municipal de Pedrouzos é unha necesidade que nos veñen demandando os clubs e persoas usuarias destas instalacións. Non se puido facer no verán pola calor e tampouco se pode facer no inverno polas humidades, polo que os técnicos aconsellaron estas datas para facer as obras”.

Outros temas

O Pleno aprobou tamén a adhesión do Concello de Brión ao Plan Xeral de Prevención de Riscos e Medidas Antifraude (Premadecor) da Deputación da Coruña, unha iniciativa que ten como obxectivo garantir unha axeitada xestión dos fondos Next Generation; así como a actualización da ordenanza fiscal da auga de acordo ao IPC interanual de agosto de 2021 a agosto de 2022.

O secretario municipal deu conta tamén do período medio de pago do segundo trimestre, que se situou nos 55,06 días, situación que xustificou pola contabilización do pago das obras no Camiño de Amañecida á Graña. Así, o secretario explicou que o Concello de Brión paga en prazo aos seus provedores pero, ao ser un pago moi importante, estatisticamente fai que a cifra medre ata os 55,06 días.

Na quenda de mocións, o grupo de Goberno volveu rexeitar a mesma moción presentada polo BNG no ano 2015 sobre a revista municipal Altamira, na que solicitaba a cesión de páxinas para a propaganda dos tres grupos políticos con representación municipal. Así, o alcalde volveu lembrar que esta revista recolle información municipal, non de partidos políticos.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies